26 de xan. de 2018

LIBERDADE.

Volverei a espertar,
e volverei chorar.
Pero serei libre. Libre de facer aquela cousa que me faga tan feliz que non sexa un traballo, senón unha paixón.
Ter a liberdade de sentir, porque a felicidade é unha emoción, pero a tristeza tamén. Disfrutamos os momentos felices, verdade? Consumímolos, gardámolos na nosa memoria e recordámolos. Pero os momentos tristes  gardámolos nun caixón do típico moble que se tira nunha mudanza. Educáronos con esa idea, impuxéronos iso. E está na nosa man decidir que facer.
Con isto non digo que agora a solución sexa ir chorando polos rincóns, senón non ter vergoña a mostrar tristeza, medo, morriña... Porque son sentimentos coma calquera outros.
Sentir é o pracer máis bonito e gratis do mundo.

1 comentario:

  1. Páreceme moi acertada a opinión sobre o feito de sentir e a liberdade. Neste breve texto, Alba fai unha boa reflexión sobre os diferentes sentimentos humanos e sobre a nosa capacidade de sentir.

    ResponderEliminar