28 de nov. de 2016

Violencia de Xénero: Os seus Tipos

  A violencia de xénero é aquela que é exercida por parte dun individuo dun xénero ou sexo a outro do oposto, aínda que hai bastantes máis casos de violencia por parte do home cara á muller que ao revés. Esta violencia pódese presentar de diversas formas:

- Violencia física: Esta é a máis recoñecible, posto que pode deixar marcas no corpo da vítima, aínda que non ten por que deixar marcas para ser violencia física. Toda agresión que produza dor ou dano e todo intento de producilo é considerado violencia física.

Propiedade de "Tecnologías Digitales al Servicio de la Psicología Forense.
que vulnere a liberdade de sexualidade con calquera tipode contacto sexual.

- Violencia económica: Consiste en privar do diñeiro á vítima. Esto pódese presentar por medio da apropiación dos ingresos ou pola prohibición de gañar os propios cartos.

- Violencia patrimonial: Consiste en dificultar a supervivencia da vítima por medio da ocultación, destrución ou retención de bens (como o pasaporte, o DNI, a tarxeta de crédito...).

- Violencia psicolóxica: Consiste nunha agresión por medio de palabras, tendo estas a intención de danar emocionalmente á vítima, de baixar a súa autoestima ou de modificar as súas opinións. Ás veces, esta forma de violencia ten lugar sen que o agresor sexa consciente de que o está a facer. Nalgúns casos, pódese producir unha gran depresión que pode rematar co suicidio da vítima no peor dos casos.

- Violencia simbólica: Consiste en transmitir desigualdade 
ou dominación á vítima a través de mensaxes, iconos ou patróns estereotipadas.

Feito por Guillerme e Juan Carlos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario