10 de nov. de 2016

María Wonenburger

María Wonenburger (Montrove, 1927- A Coruña, 2014), foi unha das maiores matemáticas españolas e galegas da historia e, aínda tralo seu falecemento, a súa influencia nesta ciencia segue a ser enorme, a pesares de non ter o suficiente recoñecemento ata case o final da súa vida. María destacou desde sempre nos seus estudos, tendo un nivel moi superior a todos os seus compañeiros. Isto facía que eles lle preguntaran tódalas dúbidas que tiñan, resolvéndoas facilmente. María foi tan brillante que nunca tomaba apuntes na clase, senón que atendía ao profesor, memorizaba a clase, e ao chegar a casa, reproducía a lección de memoria, escribíndoa nun caderno.


  María Wonenburger a carón do seu monumento en Santa Margarita. La Voz de Galicia.
Tras rematar a ensinanza secundaria licenciouse en Matemáticas e fixo a súa tese doutoral na Universidade Central de Madrid, a actual Complutense. Tras rematala, beneficiouse dunha das primeiras bolsas Fullbright, a cal lle permitiu continuar os seus estudos universitarios na Universidade de Yale, onde fixo outra tese doutoral, centrándose na teoría de grupos. Tras esta, en 1960, recibiu outra bolsa, post-doutoral, neste caso, para a universidade de Ontario, en Canadá, onde dirixiu a tese doutoral de Robert Moody, o cal idearía a Teoría de Kac-Moody, que axudou ao avance no eido das Matemáticas e da Física Teórica. En 1966 recibiu unha praza fixa como profesora na Universidade de Indiana, onde permaneceu ata 1983.



En 1983 regresou a A Coruña debido á enfermidade da súa nai, e non continuaría coa docencia, aínda que seguiu estudando de forma activa na súa casa, publicando diferentes ensaios e investigacións sobre a teoría de grupos. Cara ao final da súa vida, comezóuselle a recoñecer pola súa traxectoria, creándose así un premio na súa honra. Tamén foi investida doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña, adicóuselle un parque no seu pobo natal, Montrove, unha rúa en Coruña, no polígono da Grela e, en 2011, un monumento no parque de Santa Margarita.


Feito por Guillerme e Juan Carlos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario