19 de xuño de 2015

Dous grandes deportistas

Por Juán Carlos e Alex

              Como despedida de fin de curso imos falar de dous grandes deportistas que están na nosa clase. Un deles é Francisco Prado Valiño, que está a participar en péntatlons en diversos lugares de España. O outro é Guillerme Martín López Pazos, que é un xogador de rugby que adestra no CRAT e agora vai ir convocado coa selección española. Ambos son estudiantes de 3º curso de ESO na actualidade


O primeiro entrevistado foi Francisco Prado Valiño. Velaquí tedes as preguntas e as súas respostas:



-O péntatlon está formado por cinco probas: carreira, natación, tiro, esgrima e hípica (maiores de dezaoito anos). Que proba é a máis difícil, dende o teu punto de vista?


-Polo momento só puiden realizar as probas de esgrima, natación, carreira e tiro, pero das que puiden facer, opino que a máis difícil é a combinada de carreira máis tiro, posto que precisas resistencia e puntería




- En que deporte desta competición destacas?

-Destaco sobre todo na esgrima, posto que a maioría dos participantes de pentatlón é a que menos adestran ou practican e é a que máis adestro eu.





- Volverás o próximo ano a participar?

-Si, seguirei participando nas competicións, posto que aportan moita experiencia a un mesmo sobre como é o deporte.





- Cres que terías mellores resultados con máis adestramento?


-Si, ademais, a práctica de deportes axuda á nosa saúde e permítenos coñecer xente nova e a despexar a cabeza despois das clases.






- Que proba foi a que máis che gustou e cal a que menos e por que?

-Gústame moito a proba de esgrima posto que é na que máis seguro me sinto pero tamén me gusta a natación. A proba que máis me costa é a combinada, xa que non estou moi afeito a correr e teño mala puntería. Aínda así, gústame facela.









A nosa segunda entrevista foi para Guillerme Martín López Pazos. Aquí están as preguntas e as resposta deste marabilloso xogador de rugby:



- Cal foi o motivo que che levou a iniciar a práctica do rugby?

-O motivo principal foi que, polo ano 2008, buscaba practicar algún deporte. Ao principio intereseime polo fútbol, pero cando miña nai me preguntou se quería xogar ao rugby, decidín intentalo, e cheguei a ser o que son hoxe.


- A que idade empezaches a xogar ao rugby?

-Comecei a xogar aos oito anos.


- Nese momento, esperabas chegar a xogar coa selección española?

-Non, en absoluto. Daquela eramos poucos xogadores e eu case non tocaba a pelota, así que non pensaba nin sequera en chegar a ser titular.

- Xa empezaches participando en torneos como titular, ou tiveches que amosar ao longo do tempo que podías xogar ao nivel co que xogas?

-Si, comecei de titular, mais foi por falta de xogadores. A medida que chegaban xogadores, escollíanme por veteranía, e por fin, nos últimos tres anos, experimentei unha mellora impresionante, o que me valeu para ser un dos xogadores máis valiosos do meu equipo.


- Agora, es o máximo anotador da liga galega. Cantos puntos anotaches? En que partido metiches máis e cantos foron? Pasaches por algunha mala racha anotadora?

-Anotei en total 17 ensaios, marcando tres nos dous partidos contra o Ferrol e un contra o Pontevedra. Teño unha mala racha co Vigo, ao que aínda non lle marquei.


- Levas dende os inicios no CRAT, entre tódolos partidos que xogastes, cal foi no que máis puntos anotastes? Cantos deles foron teus?

-Xustamente este ano, contra Ferrol, cando gañamos por 137-0, marcando eu tres dos ensaios.


- Cal foi a túa reacción ao coñecer que ías ir á selección?

-Pois estaba a facer algunhas tarefas e no momento que meu pai me comunicou que iría, non o cría, ata que por fin vin o e-mail do meu adestrador da selección galega no que aparecía o meu nome como seleccionado.

- Con vistas ao futuro, desexarías continuar a práctica deste deporte ata chegar a ser profesional?

-Claramente non quero deixar este deporte e gustaríame ser profesional, se a miña vida persoal e traballo mo permiten.


- No futuro, gustaríache continuar xogando no CRAT, ou preferirías xogar noutro equipo distinto? En caso afirmativo, cal?

Encantaríame seguir no CRAT, e só o deixaría no caso de que algún equipo de Escocia, Irlanda, Gales ou Inglaterra se interesase por min. A verdade é que Leicester é un equipo que me gusta moito, e tamén os Sharks ou os Wasps de Londres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario