O
alento nas costas. Natalia Carou
- Narrador-Que voces narrativas aparecen na novela? Apunta en que persoa verbal se narra e selecciona varios fragmentos exemplifiquen cada unha das voces
- Personaxes.Describe os personaxes principais: quen son, como son, a que se dedican, que relación teñen entre eles e como interveñen na historia. ten en conta que no relato desenvólvense dúas historias paralelas con cadanseus personaxesCita o resto dos personaxes que interveñen.
- TempoEn que época se situa cada historia? Anos, meses días...
- EspacioEn que lugares suceden ambas historias? CítaosEn que outro lugar adoita vivir Mireia, a protagonista?
- ContidoResume nun máximo de 15 liñas o argumento da novelaQue se conta que pasou na pequena aldea de Abuín na época medieval?
- Estilo. Na novela hai descrición e diálogoDescrición. Localiza na novela a descrición topográfica da aldea de Abuín. Como a describe? Copia un exemplo. Fai un retrato (prosopografía e etopea) de Xoel e Mireia e busca exemplos na lecturaDiálogo. Analiza esta técnica empregada no relato e busca algún exemplo de diálogo entre os personaxes principais. Que consegue o autor con esta técnicaElementos tópicos do misterio ou suspense na novela.: Localiza na novela personaxes con poderes, meigas, lendas, crenzas, supersticións, libros ou obxectos máxicos, pòcemas, conxuros, voces estrañas... (indica en cada caso en que capítulo e páxina aparecen referenciados) Que pretende conseguir o autor co emprego de todos estes elementos?
- ReferenciasNa novela hai alusións a diferentes personaxes e elementos de carácter histórico. Localízaos e indica en que momento da narración aparecen e por que motivo.Localiza as seguintes referencias:
Cultura celta, crenzas animistas, costumes, tradicións... (indica páx.)Na novela hai unha referencia literaria importante: o conto de Daniel Castelao que comeza“Camiño esquecido que xa non vai a ningures” , que fala da aldea de Abuín. Localízao na biblioteca no libro titulado Cousas debes lelo e explicar que relación ten coa novela. - Valoración persoal.(Podes desenvolver brevemente algunha das ideas seguintes)Por que cres que a autora escolleu o título de O alento nas costas para a súa novela?
Que foi o que máis che gustou? Por que? e o que menos?
Con que personaxe te indentificas máis? por que?
Se tiveses a oportunidade de falar coa autora, que lle preguntarías? que observación farías?
Ningún comentario:
Publicar un comentario