Dous dos hórreos máis grandes e
longos de Galicia están localizados no concello de Carnota. Son o hórreo de
Santa Comba de Carnota e o de Santa María de Lira. Ambos están construidos con
pedra de granito e están constituidos
por 22 pares de pés. A súa utilidade era de almacén de certos tipos de
alimentos e tamén eran empregados como secadoiros xa que son espazos escuros e
aireados. Os hórreos ademais protexían ás colleitas dos roedores. No caso do
hórreo de Santa Comba de Carnota e o de Santa María de Lira formaban parte dun conxunto formado por unha
igrexa, unha casa reitoral e un pombal.
O hórreo de Carnota foi
construido entre 1760 e 1783 e cando estaba sendo rematado, comezouse a
construir o de Lira posiblemente para rivalizar. O de Carnota mide 34,7 metros
e o de Lira 36,5 m. Xunto o de Lira atópase un fermoso pombal.
|
Pombal do hórreo de Santa María de Lira (Fotografía por Leticia Moledo) |
|
Hórreo de Santa María de Lira (Fotografía por Leticia Moledo) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario