18 de xuño de 2013

Praias de Galicia

Algún exemplos das marabillosas praias que temos en Galicia son:
 
Praia das catedrais







Esta praia atópase en Lugo, máis concretamente na parroquia de A Devesa, en Ribadeo. 
Chámase así polo conxunto de acantilados, algúns de 32 metros de altura, que esculpidos polo mar e polo vento, forman uns arcos e bóvedas espectaculares deixando unha paisaxe marabillosa.
 





 
Praia de Rodas
A praia de Rodas atópase entre a Isla del Norte e a Isla del Medio ou do Faro. É a illa máis importante do Parque Natural Illas Cíes, no cal se acha atopada. Esta praia ten augas transparentes e area fina. Mide 1,2 kilómetros e desde ela pódese observar a illa de San Martiño, a costa galega, a ría e a cidade de Vigo.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Praia de Campelo
A praia de Campelo atópase na parroquia de Meirás en San Vicente e é unha praia en forma de concha nun entorno rural, con area branca e grava. Ideal para o surf por ser moi ventosa, permite disfrutar da tranquilidade nun ambiente natural pouco masificado.
 
Praia de Riazor
Esta praia é a máis coñecida de A Coruña, preto do estadio de fútbol de Riazor e que chega ata a seguinte praia, a praia do Orzán. Nela practícanse unha gran cantidade de deportes, e realízanse moitas actuacións musicais. Tamén ten lugar alí a queima de fogueiras na noite de San Xoan.


                                                                      Praia América
 Playa América


A praia América está situada en Nigrán, Pontevedra. A súa extensión é de 1200 metros. É unha praia protexida por un paseo marítimo e está composta principalmente por area branca. A oleaxe é moderada, o que favorece o baño.




 


Ningún comentario:

Publicar un comentario