21 de xuño de 2013

O derradeiro club

 


Club de lectura de 2º ESO A
 
No derradeiro club de lectura falamos de moitos libros porque queriamos recomendar a todos as obras de lectura para o verán. Cada un de nós acudiu coas súas lecturas favoritas, da literatura galega ou castelá, como Tonecho de Rebordechao de Breogán Ribeiro,  Xoeliki, o Grande Apagamento de Abraham Carreiro e Matíes Segura, La emperatriz de los etéreos de Laura Gallego, El secreto del hombre muerto de Manuel Gisbert ou Os soños na gaiola de Manuel María... e entre as obras da literatura extranxeira propuxéronse  Perdona si te llamo amor do autor italiano Federico Moccia, a serie de Fablehaven de Brandon Mull, El libro del cementerio de Neil Gaiman... entre outros. Os membros do club fixeron comentario moi acertados e simpáticos como:
 
"o libro non o podes pechar, tes gañas de saber como remata pero non queres que remate"referido a Tonecho de Rebordechao, ou
"é un libro divertido e ten pegamento, cando o empezas a ler non podes parar" falando de Fablehaven.
Desexámosvos un feliz e quentiño verán e que leades moito debaixo do parasol!

Ningún comentario:

Publicar un comentario