23 de abr. de 2013

Feliz Día do Libro



"Xoana de Vega- (Risoña.) O do esforzo é un bo principio, miña raíña. Xa verás que felicidade   trae a lectura! Eu sempre fun feliz cos libros, non sei vivir sen eles, para min son como amigos da alma"

"Xoana de Vega, mestra de raíñas e princesiñas -escena II"
Tres mulleres do seu tempo. Heidi Künh-Bode

1 comentario:

  1. Ana Abella Mantiñán, 1BHC:

    Como xa se achega o final do curso, e en relación co pasado día do libro, gustaríame suxerirvos un dos meus libros preferidos, deses libros que te farán desconectar dos estudos este longo verán.

    O seu nome é "Violeta tamurana", é un libro doado de ler e, no meu caso, a pesar de que xa mo lin un montón de veces, asegúrovos que nunca vos cansaredes del.


    Aquí déixovos a sinopse do libro para que vos animedes a lelo:
    As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido.
    A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, cando uns intrusos de vestimenta branca comezan a devastar Tamurana, Pao sabe que, se quere salvala, debe arriscar a súa vida para chegar máis lonxe do que nunca imaxinou.

    Na súa procura de respostas, Pao tentará descubrir o segredo máis prohibido, capaz de enfrontar dous mundos, mais tamén comprenderá o valor do coñecemento e o significado da unión e da amizade, gañando o dereito de se atrever a ser diferente e recobrando, finalmente, a maxia da cor violeta.

    ResponderEliminar