Hoxe pola tarde reunímonos con Natalia Carou Figueira na biblioteca para comentar a súa novela O alento nas costas. Un grupo de alumnas e alumnos de 1º de bach compartiron con ela durante pouco máis dunha hora, impresións, opinións, emocións... A verdade que a reunión estivo rodeada de misterio, con lendas e crenzas propias da zona de Rianxo e que a escritoria foi repasando no club, como as relacionadas coa aldea maldita de Abuín, e as presenzas estrañas que algunhas persoas perciben cando visitan dita aldea. A autora ilustrou a súa intervención cunha presentación de fotografías dos lugares referenciados na obra. O alumnado estivo tamén moi activo, con preguntas e opinións moi acertadas. No remate Natalia asinou exemplares e regalounos cun secreto que non podemos desvelar...
Dedicatoria de Natalia Carou para todos nós |
Ningún comentario:
Publicar un comentario