21 de xan. de 2013

VAI DE CANTIGAS!

Pero Amigo de Sevilla foi nado na terra de Betanzos polo primeiro cuarto do s. XIII. O apelido é debido a unha temporada na que tería vivido en Sevilla. A obra lírica deste autor está composta por oito cantigas de amor, dezaoito de escárneo e maldicer, once de amigo, unha tençon e a pastorela que aparece transcrita a continuación






                      Quando eu un dia fui en Compostela

Quando eu un dia fui en Compostela
en romaria, vi unha pastor
que, pois fui nado, nunca vi tan bela,
nen vi outra que falase milhor,
e demandeilhe logo seu amor
e fiz por ela esta pastorela.

Dixe-lh´eu logo: "Fremosa doncela,
             queredes vós min por entendedor, =namorado
que vos darei boas toucas d´Estela,
e boas cintas de Rocamador
                                  e doutras doas a vosso sabor,= outros regalos do voso gusto
         e fremoso pano pera gonela? =vestido

E la disse: "Eu non vos queria
por entendedor, ca nunca vos vi
                 se non agora, nen vos filharia =aceptaría
doas que sei que non som pera min,
pero cuid´eu se as filhas´assi,
que tal á no mundo a que pesaria

E se veess´outra, que llhi diria,
se me dizesse ca per vos perdi
meu amig´e doas que me tragia?
eu non sei rem que lhi dissess´ali;
                                         se non foss´esto de que me tem´i, = se non fose por isto que me temo
non vos dig´ora que o non faria".

                                   Dix´eu: "Pastor sodes bem razoada,= razoades moi ben, con sentido común
                      e pero creede, se vos non pesar, = que non vos preocupe
que non est´oj´outra no mundo nada,
                             se vos non sodes, que eu sabia amar,= que non existe hoje outra a parte de vós
e por aquesto vos venho rogar
que eu seja voss´ome esta vegada"

E diss´ela, come ben ensinada:
"Por entendedor vos quero filhar
e, pois for a romaria acabada,
aqui d´u soo natural do Sar,
                                cuido-m´ eu, se me queredes levar,=penso eu
                                     ir-m´ei vosc´e fico vossa pagada" = ireime con vós e quedo satisfesta 
 


3 comentarios:

  1. Esta cantiga conta a historia dun home que se namora dunha pastora cando a ve pola fermosura que desprende. Nun principio o rechaza pero logo de falar con el acaba convocendoa e ela e acede a que sexa o seu namorado.

    ResponderEliminar
  2. Alejandro Juárez Rodríguez23 de xaneiro de 2013, 14:37

    Conta a historia dun home que namorado dunha pastora, segun el a mais fermosa que vira na súa vida, pídelle ser o seu namorado, e ainda que a pastora rechazao, finalmente, convéncea e decide ir có home.

    ResponderEliminar
  3. A introducción da cantiga dinos o lugar onde o namorado coñece á pastor e a partir de ahí establécese unha conversa entre os dous na que ela , ao final,o acepta como namorado.
    Miguel Castelo 1ºC

    ResponderEliminar