20 de xuño de 2012

FELICES VACACIÓNS!

Xa se aproximan as vacacións e con elas o verán, San Xoan, a praia, as festas, as viaxes, os amigos... Pero con todo, non podemos esquecer a lectura. E se é en galego mellor, despois de ler libros durante o curso e de recomendarlle ós compañeiros outros tantos é hora de elixir un para este verán.

Así que non vos esquezades e metede un na maleta! Así cando teñades un momento libre xa sexa na praia, ou un día de choiva que quededes na casa vos poderedes submerxir noutra realidade distinta, soamente coa lectura.







Por último podedes aproveitar estas vacacións para empregar a lingua da nosa terra. E porque non... Cando esteades coa familia, ó estar cos amigos ou simplemente ó saír a dar un paseo pola rúa utilizar o galego. Ademáis que mellor forma para promocionar a nosa lingua que falándoa nós, a xente xove?





2 comentarios:

  1. Chegue o verán ou non todos temos que seguir lendo porque é un bo xeito de aprender cultura aparte de que é unha maneira de pasalo tempo que pode ser moi entretida. A xente nova somos o futuro e por eso temos que falar esta lingua tan bonita que temos ¡O GALEGO!

    David Súarez Mesías

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que é moi importante trasmitirlles o galego as futuras xeracións para conservalo e lograr que non desapareza e perviva moitos anos porque é unha pena que desaperaza unha lingua tan bonita que nos representa tan ben os galegos.


    Cristian Suárez Mesías 1BCA

    ResponderEliminar