22 de mar. de 2012

O bosque de Ancines





No club de lectura: O bosque de Ancines e O bosque do lobo

5 comentarios:

  1. "El bosque del lobo" é unha película española dramática de 1971 dirixida por Pedro Olea, escrita por Olea e Juan Antonio Porto, e basada na novela, que lemos na clase, O bosque de Ancines do coruñés Carlos Martínez Barbeito. A novela está baseada en feitos reais do caso de Manuel Blanco Romasanta e o mito de que era un lobishome.

    Bieto Freire, ó que na película chaman Benito, é un viaxeiro, que se adica á venta ambulante por diferentes pobos galegos, e sofre ataques de epilepsia. Debido os asasinatos que comete e a forma de facelos pola comarca comeza a extenderse o rumor de que Bieito padece a maldición da licantropía.

    ResponderEliminar
  2. A pelicula mais recente que nos ha devolto este mito e Romasanta rodada en Galicia, coa actriz Elsa Pataky, e tamen atraves da imaxinacion creadora do escritor Alfredo Conde sacou o libro Romasanta: memorias dun home lobo.
    Tamen fala casos de licantropia.

    Yolanda B.L.

    ResponderEliminar
  3. Malia que fomos moitos no club de lectura do Bosque de Ancines, e non puidemos falar moito, serviume para entender algunhas cousas que non me quedaron claras. Sobre todo a cuestión do porqué Bieito cometía eses asesinatos, na que ao final concluímos que podía ser que este, de nombralo como tal, acabou creendose que convertíase en lobo, ademáis dos ataques epilépticos que lle ocasionaban e que favoreceron a situación.

    ResponderEliminar
  4. A min a clube de lectura me gusta mito xa que se non entendiste algunha cousa á hora do ler o libro os teus compañeiros ou ao falar del te axudan niso. Este libro foi un pouco difil de comprender polo seu uso do léxico pero era interesante xa que pudimos entender no que consiste os ataques epilepticos y conocer un pouco sobre os lobos.

    ResponderEliminar
  5. Como ben apuntou Nildes, no guión da producción tamén mencionada anteriormente tamén traballou Juan Antonio Porto, guionista coruñés coñecido polos seus traballos con Pilar Miró e o propio Olea, entre outros. Tamén destaca polas súas adaptacións de obras literarias de diversa alcurnia, coma a de "La Regenta", de Clarín. Hai tres anos recibiu a Medalla de Ouro de Belas Artes por parte do Consello de Ministros.
    Por certo, realmente Romasanta non morreu pola pena por garrote vil, como di o libro (Isabel II finalmente sí concedería o indulto, cambiando a pena capital por cadena perpetua) senón que, despois de crerse que morrera no cárcere de Allariz pasouse á hipótese de que tal vez finara no Castelo de San Antón, para dar paso á suposición actual a cal sostén que morreu en Ceuta, froito dun cáncer de estómago.

    ResponderEliminar