12 de feb. de 2012
El sí de las niñas
O outro día fomos ver unha obra teatral na hora de clase de lingua castelá, "El sí de las Niñas".
O argumento, como xa sabedes, trátase dunha rapaza, chamada Francisca, que acaba de saír dun convento onde estudaba, xa que estaba prometida en matrimonio co rico e case sesaxenario don Diego, polo desexo da súa nai, dona Irene. Don Diego agarda a chegada da súa prometida, pero a verdade é que está namorada dun soldado que ela coñece como "don Félix". Aínda así, síntese obrigada pola súa nai, que vai en contra dos seus sentimentos e en busca dun maior poder adquisitivo. Cando don Félix lle manda unha carta, esta cae en mans de don Diego, que descubre a relación e pide unha confesión sincera da súa prometida. Dona Irene insiste en impoñer a súa autoridade, pero don Diego renuncia ao compromiso. Finalmente, descúbrese que don Félix é en realidade don Carlos, sobriño de don Diego, e os dous xóvenes adquiren o consentimento para casárense.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
El sí de las niñas, é unha obra teatral de Leandro Fernández de Moratín ,estreada o 24 de xaneirp de 1806 en Madrid, e representada ata a cuaresma do mesmo.
ResponderEliminarMoratín tiña escrita El sí de las niñas en 1801. Era a primera obra que escribía despois de La comedia nueva.Moratín tardó varios años en estrenarla. Durante o mes de xaneiro de 1806 ensaia a comedia coa compañía do Teatro da Cruz. O día 24 de xaneiro de 1806 prodúcese o estreno. El sí de las niñas non foi soamente un sonoro éxito de público; foi a obra de maior aceptación do seu tempo e casi con seguridade o maior acontecemento teatral de todo el século.
A obra mantívose en representación por vinte e seis días seguidos e atraeu máis de 37.000 espectadores, cifra equivalente á cuarta parte da poboación adulta de Madrid. Ao éxito nas táboas sumouse o editorial. Ás catro edicións de 1806 hai que sumar a de 1805, que, ao parecer, non foi a única daquel ano.
ResponderEliminarO éxito sen precedentes del si das nenas supuxo, paradoxalmente, o abandono da escena por parte do seu autor. Os únicos textos que Moratín daría á escena serían dúas adaptacións de obras do francés Molière: A escola dos maridos e El médico a paus. O si das nenas, non obstante, seguía levantando odios e entusiasmos pola súa mensaxe claramente inspirada na Ilustración e nun chamado a que a autoridade actúe conforme aos ditados racionalistas. En 1815, coa restauración do rei Fernando VII, a Inquisición española encontrou motivos abondo para prohibir esta comedia e La figureira. A prohibición renovouse en 1823, de modo que durante preto de vinte anos os españois se viron privados de ver en escena a obra mestra de Moratín. Cando se levantou a prohibición e a obra puido volver estrearse, en 1834, fíxoo inclusive con cortes debidos á censura.
Sabela Escourido Garcia 1ºBHB
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEu a verdade é que a representación, aínda que parecéndome interesantes, noteina demasiada enfocada hacia un público "causal", familiar e infantil. A obra fora cortada, buscando unha duración máis asequible para ditos colectivos, e creo que así (aínda que cumpriu o seu obxectivo de non dormir ós que o farían durante unha obra moi longa) perdéronse elementos da trama e momentos tremendamente interesantes e interesantes: a D.Carlos todo o mundo o coñece como D. Carlos xa desde o principio, nadie se refire a el por D. Félix nunca, por exemplo, aínda que o caso que encontrei máis sangrante foi o curte e total omisión do monólogo final do D. Diego, no cal buscábase a mensaxe social nesa época, e Moratín poñía de manifesto as súas intencións, as de condenar unha actitude que el mesmo sufrira de xove e lle robara á súa amada.
ResponderEliminarEstou totalmente deacordo contigo Mateo, aínda que a obra pareceume interesante, perderonse moitas cousas máis significativas. Tamén hubo cousas que non facían moita falta e que en vez delas podían poner algo do guion. Pero con isto eu non quero dir que non me gustou nada de nada só que como se fixo para non facer dormir a xente coma di Mateo hai demasiada burla, e a Paquita segun o meu punto de vista pasabase un pouco ca sua forma de ser, porque eu ao ler o libro amixinabamela doutra forma, máis cincela e educada e descreta.
Eliminar"El sí de las niñas" foi a mellor obra de Moratín e tamén a mellor comedia do Século XVIII, século que non tivo unha gran produción literaria a diferenza dos anteriores.
ResponderEliminarA obra respeta a Regla das tres unidades:
-Unidade de acción: comedia dividida en tres actos.
-Unidade de lugar: transcurre toda a acción nunha posada de Alcalá de Henares.
-Unidade de tempo: a obra comeza ás 7 da tarde e remata ás 5 da mañá seguinte.
"El sí de las niñas" é a mais popular das cinco comedias que escribiu Leandro Fernández de Moratín, autor tamén de poesía e de prosa non teatral. Trátase do máximo exponente do teatro neoclásico español do século XVIII.
ResponderEliminarÉ unha obra moi interesante pola súa vixencia actual, xa que aborda temas como as relacións pais-fillos, o autoritarismo na educación, as diferencias na educación de nenos e nenas ou o matrimonio por convenencia, que hoxe pode ser obxecto de debate.