6 de xan. de 2012

ISAAC DIAZ PARDO: O POETA

Con nós nunha mañá inesquecíbel. Sada 2008

CANTIGA DA SOEDADE

 Non me diexes sin ela
hai amigo
xa ves que en soedade morro.

Si di que ven
hai amigo
Non me deixes con ela

 Si pregunta
hai amigo
dille que si que eu a quero

Si me busca
hai amigo
dille que eu non a espero

Si morre
hai amigo
voando, meu voo, lle entrego.

E si di que ela me esquence
Entón dille, hai amigo
que morrer tamén eu quero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario