12 de xan. de 2012

HOMENAXE A DÍAZ PARDO II



       O intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, "o home máis querido de Galicia", segundo o definiu o escritor Manuel Rivas é unha das persoas máis recoñecidas e premiadas nos ámbitos social, artístico e empresarial de Galicia, sempre considerou a súa vida unha colección de "fracasos".
Díaz Pardo (Santiago, 1920 - A Coruña, 2012), fillo do tamén histórico galeguista fusilado en 1936 Camilo Díaz Baliño, estudou Belas Artes en Madrid e foi profesor en Barcelona. Dedicou os seus primeiros anos artísticos á pintura, aínda que antes intentara ser arquitecto, actividade que nunca chegou a desenvolver. Tras uns anos dedicado á pintura, Díaz Pardo emigrou a Bos Aires, onde pasou trece anos, e onde estivo en contacto con outro galeguista histórico, Luís Seoane.
Da súa estanza en Sudamérica, e grazas ao contacto que mantivo con este auto,r xurdiu o Laboratorio de Formas, matriz do que máis tarde se convertería no Grupo Sargadelos. En Arxentina montou unha fábrica de cerámica en Madalena, a 108 quilómetros de Bos Aires, o que lle facilitou unha fluída relación con exiliados galegos e "dos pobos ibéricos".
Sabela Escourido 1ºBHB

11 comentarios:

  1. Isaac Díaz Pardo, un gran personaxe galego, faleceu fai uns poucos días. Era un home moi polifacético, era escritor, pintor, diseñador e ata empresario.
    Díaz Pardo estudou en Madrid para ser arquitecto pero non o conseguiu. Logo emigrou a Arxentina onde fixo amizade co escritor Luis Seoane. Cando regresou a España dedicouse a fabricación de cerámica aunque debido a desacordos cos seus compañeiros deixouno.

    Naomi M.C.

    ResponderEliminar
  2. Isaac Díaz Pardo permanecía ingresado desde o 22 de Decembro de 2011 por motivo duna neumonía moi forte. Esta, afectouno en maior grao pola súa débil idade. Faleceu o 5 de Xaneiro na Coruña aos 91 anos de idade, ás 8:30 horas da mañá. O presidente da xunta Alberto Núñez Feijóo, expresou o pesar de seu Goberno e de todos os galegos pola perda, quen o calificou como "o mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia" e "espexo no que mirarnos todos os gallegos".

    Para mín, un dos mellores exemplos de dedicación a Galicia.

    ResponderEliminar
  3. Isaac Díaz Pardo naceu en Compostela en 1920. A súa educación estivo marcada polo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento (Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco...)
    As súas obras son:
    Crónicas inconformistas, Midas. O ángulo de pedra, Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por il mesmo, Presencias galegas na arte dos nosos días, Teatro en Israel, Tres carteles de cego, Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo.

    ResponderEliminar
  4. Isaac comezou traballando con seu pai, o pintor, ilustrador e escenógrafo Camilo Díaz Baliño. Logo de graduarse, comezou a dedicarse profesionalmente á pintura, cun estilo marcado polo clasicismo que posteriormente evolucionaría cara temáticas de denuncia social. Entre os premios e recoñecementos recibidos polo artista e intelectual, destacan o Premio das Artes e das Letras da Xunta de Galicia (2003) e o seu nombramento como Doctor Honoris Causa das universidades de Santiago de Compostela (1992) e A Coruña (2007). Obtivo ademais a medalla de ouro de Belas Artes no 2009.

    ResponderEliminar
  5. O pai de Isaac Díaz Pardo foi fusilado polos sublevados ao pouco de empezar a Guerra Civil, o que fixo que Isaac tivese que esconderse na casa dun tío Indalencio seu, en A Coruña, e logo traballar nela como rotulista.
    Rematada a guerra, obtivo unha bolsa de estudos da Diputación Provincial de A Coruña, gracias a cal cursou os estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, entre 1939 e 1942.

    ResponderEliminar
  6. Isaac Díaz Pardo foi un galeguista moi querido polo pobo galego que destacou como precursor do grupo Sargadelos e como escritor de ensaios firmando obras como " O angulo de pedra", "O Marqués de Sargadelos", "Galicia Hoy " e." Paco paxiñas" ademais de varios anos de participación na Voz de Galicia escribindo articulos.

    D.T.M.

    ResponderEliminar
  7. Na inauguración da exposición "Pinturas e fracasos", unha homenaxe a toda a súa traxectoria artística e vital. A Xunta chegou a un acordo con Díaz Pardo para que a Cidade da Cultura custodie o legado bibliográfico, documental, epistolar e gráfico do intelectual do autor, composto por máis de 16.000 volumes da biblioteca do artista, as coleccións do Castro, documentación no exilio, miles de cartas con Luís Seoane ou Rafael Dieste e o "testemuño que ao longo da súa vida foi conformando a súa historia". Este acordo non se pechou sen polémica, xa que un dos fillos do galeguista, mostrou o seu desacordo pola forma na que, na súa opinión, o Goberno galego aproveitouse do seu pai.

    ResponderEliminar
  8. Isaac Díaz Pardo foi un destacado intelectual galego, escritor, pintor e diseñador.
    Recibiu premios como A Medalla de Oro da cidade de Santiago de Compostela en 1988, e o Premio das Artes e das Letras da Xunta de Galicia en 2003.
    Na súa faceta de diseñador tamén triunfou, e deixounos, por exemplo, unha vidriera no hemiciclo do Parlamento de Galicia.

    ResponderEliminar
  9. Pola súa dilatada traxectoria recibiu numerosas distincións e recoñecementos como a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Diputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Plata do Patronato da Cultura Gallega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.

    ResponderEliminar
  10. O seu pai Camilo Díaz Baliño foi un escritor, artista gráfico e intelectual galeguista español. Foi un membro das Irmandades da Fala. Foi autor dunha obra dun espíritu galeguista moi forte: A Nosa Terra.
    Morreu fusilado ao iniciar a Guerra Civil Española ( 1936 )

    ResponderEliminar
  11. Pintor, deseñador, debuxante, ceramista e escritor, fillo de Camilo Díaz Baliño. Naceu na casa da Tumbona, na rúa das Hortas, onde acudían moitos dos intelectuais e artistas galeguistas dos anos trinta. Colaborou na campaña en favor do Estatuto de 1936 coa realización de carteis, tres deles asinados co nome de Xalo (Galegos para conquerir a liberdade..., SI e Para arrematar cos caciques...) e outro como Isaac Díaz (Las dos simbolizan la Libertad).
    Isaac Díaz Pardo sempre permanecerá na nosa memoria como un dos máximos representan de Galicia.

    ResponderEliminar