2 de dec. de 2011

VALADOS


Por  Margarita e Brais.

Os alumnos do club
O pasado xoves, os alumnos de 2º de ESO do  FernandoWirtz Suárez fixemos un club de lectura, no que falamos dun libro de Agustín Fernández Paz, titulado Valados.
Dixemos as opinións que cada un de nós tiña sobre o tema do libro , a discriminación  ás clases máis desfavorecidas, e por cuestións  de raza e relixión. Tamén trata de cousas e sentimentos como a amizade, neste caso entre dous nenos de clases, razas e relixións distintas, aos que os prexuizos dos pais non conseguirán separar.
Este libro sen dúbida é unha representación das inxustizas de hoxe en día, a falta de liberdade, o racismo...
"tamén eles habían derrubar o muro que o medo e o odio construíran..."

Ningún comentario:

Publicar un comentario