O pasado xoves día 27 de maio e con motivo da celebración das Letras Galegas, os alumnos e alumnas de teatro do Ies Fernando Wirtz Suárez, fixeron a primeira posta en escena da súa obra titulada Táboa Rasa. A peza teatral está escrita polo profesor Carlos Freire, quen tamén é o director da obra. O grupo de teatro chámase Mestría Teatro. Participan un total de trece actores que interpretan catorce personaxes. Entre os actores hai alumnos, ex-alumnos e profesores do noso IES.
A obra é unha é unha farsa crítica. O seu argumento ten que ver coas manipulacións que se fan na concesión dun premio literario a un escritor non moi axeitado pero moi coñecido.
A presentación transcorre coa aparición dos personaxes que son achegados do escritor e aos que este intenta gañar como sexa. Ao final consegue o premio pero os seus compañeiros non están moi de acordo e poñerán as cousas no seu lugar.
Gústame moito que se fagan estos actos culturais no instituto xa que non só fomentan o arte do teatro senón que tamén son moi educativos e divertidos.
ResponderEliminarA obra gustoume moito e nela destaco aos actores: Sr. Lago (o noso profesor de matemáticas), Sabela Rodríguez (compañeira de 2º de bachiller de letras) y Laura García (compañeira e colaboradora deste blogue) xa que os tres o fixeron moi ben.
Lizeth Vianchá Mejía, 1º BC2
Paréceme moi ben que se fixera esta actuación con motivo do día das Letras Galegas.
ResponderEliminarEu non vín a obra, pero as fotografías están moi ben e distingo nelas a algúns alumnos e profesores do noso instituto.
Marta Rodríguez García, 1BC2.
OOOOOH que pena...houbeseme gustado tanto poder ir ver a obra, porque de seguro ia estar moi ben. Tamén tiña moitas ganas de vela por que nela participaba a miña compañeira e amiga Marta Barandela, grandisima actriz! Noraboa polo seu traballo.
ResponderEliminarDavid Espiñeira
1ºBH1
A miña opinión en xeral é que está moi ben que se faga teatro e se divulgue sobretodo se é en lingua galega. Pero o que si digo, por esperencia propia que as obras son moi longas e as veces se desconecta.
ResponderEliminarAinda así, parabéns pola obre nos tres anos que levo indo a velos actuar foi a que máis me gustou ainda que as veces repetisen esceas e sentira que tiña un "deja vu".
Anímovos a todos a apuntarvos porque resulta unha experiencia tremendamente divertida, ademais de que é tamén é bonito vivir o teatro "dende dentro". Logo en escea pode saír mellor ou peor e moitas veces hai que improvisar para intentar saír do apuro (xa comentou Aida que este ano sucedeu bastante, máis que en anos anteriores) pero pese a todo disfrútase moitísimo.
ResponderEliminarLástima que este ano non fixemos actuación pola mañá e pola tarde non houbo moita xente.
Marta Barandela 1BH1
Non fun vela pero debeu ser interesante. Sorprendeume a participación dos profesores como o noso de matemáticas que non sabía que actuase nas obras.
ResponderEliminarLuis Ogea Borbón