16 de xuño de 2011

"Airiños, airiños, aires"



Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños levaime a ela.
.....................................

¡Ai, miña probe casiña!
¡ai, miña vaca bermella!
Años que balás nos montes,
pombas que arrulás nas eiras,
mozos que atruxás bailando,
redobre das castañetas,
xas-co-rras-chás das cunchiñas,
xurre-xurre das pandeiras,
tambor do tamborileiro,
gaitiña, gaita gallega,
xa non me alegrás dicindo:
-¡Muiñeira, muiñeira!
¡Ai, quen fora paxariño
de leves alas lixeiras!
¡ai, con que prisa voara,
toliña de tan contenta,
para cantar a alborada
nos campos da miña terra!
Agora mesmo partira,
partira como unha frecha,
sin medo da noite negra;
e que chovera ou ventara,
e que ventara ou chovera,
voaría e voaría
hastra que alcansase a vela.
Pero non son paxariño
e irei morrendo de pena,
xa en lágrimas convertida,
xa en sospiriños desfeita."...                " Cantares Galegos"

1 comentario:

  1. Encantame o poema, pareceme moi bonito! E a versión do grupo tamén me parecere bastante boa!

    David Espiñeira Figueroa
    1ºBH1

    ResponderEliminar