24 de mar. de 2011

O día da poesía no Fernando Wirtz



Por Cris Asensio

Celebramos a poesía
porque si,  porque nos prace
porque amamos a poesía,
porque a necesitamos,
porque nos alimenta,
porque nos dá conforto e guía,
porque nos fai medrar individualmente  e como pobo
e porque
"A poesía é un arma cargada de futuro" (Gabriel Celaya)

6 comentarios:

  1. Adriana Jiménez 1BC224 de marzo de 2011, 11:45

    Eu vexo moi apropiado que se faga un día adicado á poesía xa que sempre hai un día centrado en todo tipo de cousas e como non, un ten que ser para a fermosa poesía.
    A decoración que se puxo no instituto gustoume bastante, deulle un toque moi decorativo e alegre, cos carteis pendurados pola entrada e as palabras "máxicas" no taboleiro foron unha boa e bonita elección.

    ResponderEliminar
  2. Onte, 23 do 3 do 2011, celebramos o día da poesía no instituto. Aparte de espoñer os traballos que fixemos os alumnos, unha cousa que me chocou bastante é que duas rapazas subiron o escenario a recitar unhas cantigas noutros idiomas: unha en ruso e a outra en francés. Foi unha pena que so puideramos estar a media hora que abarca o recreo.

    ResponderEliminar
  3. Unha moi boa idea a de aprobeitar o dia da lectura para poder espoñer ante que quixese asistir os traballos feitos sobres as cantigas e un bonito contraste coas rapazas que nos mostraron as musicas da sua cultura.
    (Francisco López 1ºBC-A)

    ResponderEliminar
  4. Eu tamen quixen ir a exposicion dos traballos pero quedeime cas ganas...que tiña exame de matematicas :S

    David Espiñeira Figueroa 1ºBH1

    ResponderEliminar
  5. Comparto a mesma opinión que algúns dos meus compañeiros, a mostra dos traballos estivo ben pero a verdade e que foi con moi pouco tempo para poder ver todos e disfrutar de todos.

    Facendo alusión o día adicado a poesía, paréceme un día a este xénero literario posto que co teatro son os menos usuais.

    ResponderEliminar
  6. Pareceume xenial a idea de espoñer os traballos dos alumnos que tiñan que ver con este mericidisímo día da poesía.
    Eu tamen apoio o dato exposto polo meu compañeiro Juanjo xa que foi algo inovador e inesperado que recitaran noutros idiomas.

    (Claudia Valiña Gerpe)

    ResponderEliminar