17 de feb. de 2011

Poesía a ritmo de rock

Moitas veces, de forma equívoca, relacionamos poesía con palabras suaves, para susurrar no oído e olvidamos que non sempre é así.
A poesía tamén pode reivindicar, queixarse, lamentarse. E pode gritarse con forza.

Por iso, aínda que cando pensamos en cancións baseadas en poemas sempre temos en mente unha melodía e un ritmo lento, tamén poden ser cantadas con máis forza.

A xustiza pola man é un poema de Rosalía de Castro, do libro Follas Novas. E deste poema existe unha versión feita por Nao:


Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,

Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.


Que vos parece? Este tipo de música semella acercarse máis a xuventude? Coñecedes outros exemplos?

Autora: Marta Barandela 1BH1

12 comentarios:

  1. Non sabia que habia esa versión dun poema de Rosalia! Pero gustoume moito, demóstranos que non toda a poesia é igual.
    Rebeca Vila 1ºBH1

    ResponderEliminar
  2. A min encántame, polo feito de ser unha música que está máis preto da xuventude de hoxe.

    Ana Castro Rivas
    1ºBH/1

    ResponderEliminar
  3. Paula Manteiga 1BAH2D

    Non sabía da existencia deste tipo de cancións, a verdade e que o rock e o tipo de cancións así non me gustan, pero a idea paréceme moi diferente e divertida para a forma de basar estas poesías.
    A verdade, respondendo a as preguntas que fai Marta, penso que si se acerca a xuventude, como as poesías estan basadas como algo lento, e normalmente aburrido, e non nos da ganas de lelas...
    Non coñezo ningún outro exemplo, pero investiguei e entrontrei algún, como por exemplo o grupo Marea.

    ResponderEliminar
  4. A verdade , sorprendeume moito encontrar versións tan modernas das cantigas. É unha maneira moi boa de acercarnos a esa parte da nosa cultura e intentar compredela mellor. Penso que está moi ben iso de adaptar unha cantiga con música actual , e resulta moi orixinal.
    Carolina Rodríguez Túñez (1ºBC2)

    ResponderEliminar
  5. ¡Qué bonita me parece! Penso que se fixeran deste modo outras cousas os xóvenes nos acercaríamos máis a cultura. Dende logo me encantou a canción e o toque en galego dalle carácter.

    Déixovos unha páxina onde se fala dos grupos de rock galegos na actualidade onde se ve que non hai poucos:
    http://perso.wanadoo.es/rockgal/rockgalego.htm

    ResponderEliminar
  6. Bueno, para min, a música rock nin cousas polo estilo non é do meu agrado. Eu sempre fun máis de música máis tranquila. E tamén opino que as poesías sempre quedan ben con letras suaves e non con letras como a desta canción pero aquí vese que a poesía serve para todo tipo de músicas.

    Alejandro López 1BH-2

    ResponderEliminar
  7. Eu coñecía o grupo Nao, pero a verdade nunca intereseime moito pola súa música. É dicir que esta versión gustoume.

    A verdade que esta versión sí que se acerca un pouco máis a "movida" reivindicativa adolescente, dándolle ese toque de rock a un poema que de primeiras pode soar doce e sensible (como din a nosa compañeira Marta) pero que en realidade non ten porqué ser así.

    Outro exemplo é por exemplo o do grupo Tierra Santa, que versiona "La canción del pirata" de Espronceda.
    http://www.youtube.com/watch?v=4ZDEQCZTwq8

    ResponderEliminar
  8. Aai... Nao, que bo era o primeiro disco, redondo me atrevería a dicir. Sen embargo, o segundo... non tiña ese son nin esa inmediatez. Non se debe só ao cambio de cantante, é, simplemente, peor.

    Deixando a un lado a miña valoración persoal sobre o grupo me encanta esta entrada. E adoro esta canción, xunto con "Só quero un adeus" é posiblemente a miña favorita do disco. Á súa vez paréceme unha iniciativa magnífica. Vin a Nao dúas veces en directo e o verso "cos seus compañeiros en cama mullida" (apoteósico, colosal, o culme da canción) era sempre cambiado por "cos seus sentimentos en cama mullida", era por comentar e, honestamente, por deixar claro que si que me gusta Nao.

    De cara a contestar ás preguntas: que me parece? Moi ben. Achégase máis á xuventude? Eu diría que si, mais tampouco son a máis indicada, pois a poesía xa me gusta, gústame esta versión pero tamén me gusta o que fixo Uxía Senlle cos versos de Novoneyra, e é dun estilo completamente distinto. Deixareino en que non son a axeitada para dicilo.

    Coñezo outros exemplos? Este enlace leva a unha versión de "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio, por Dios ke te crew.
    http://www.youtube.com/watch?v=KRfREFi3eqk

    ResponderEliminar
  9. Pareceme unha boa maneira de facer chegar poesía aos xóvenes a través desta clases de combinacións.
    Pero persoalmente gústame máis cando as versións son lentas.

    Outro exemplo de combinar música con poemas galegos o temos no compositor Xoan Pardo. Aínda que é mallorquín de nacemento , Pardo é galego de adopción.

    No ano 1976, graba un particular homenaxe a sua terra de adopción, Galicia, o disco cantado íntegramente en galego é denominado "Galicia miña nai dos dous mares''.Nel pon música a poemas de Eduardo Pondal e Ramón Cabanillas, con unha soa excepción a canción que da título ao disco.





    Tamén graba e pon música a ''Adiós a Mariquiña", ambientada nun poema de Rosalía de Castro no que se pode encontrar tanto en castelán coma en galego.


    Déixovos un video sobre as súas obras:

    http://www.youtube.com/watch?v=yeAMAsOzLxA


    Laura Solano 1ºBac2

    ResponderEliminar
  10. Os sons metaleiros non son os meus predilectos, mais esta canción soa francamente ben. O minuto e medio final instrumental paréceme sublime e a voz da vocalista que soa ao final é encantadora. Aprecio moito o valor creativo que noto neste grupo.

    Paréceme moi acertada a introducción da entrada e quixera engadir que a poesía e a música rock soen estar moi ligadas. Venme á mente Bob Dylan, poeta e músico, que foi nominado ao premio Nobel de literatura por académicos en numerosas ocasións.

    Diego Lousa Pazos, 1º BC 2

    ResponderEliminar
  11. Marta como non...poñendo o seu toque rockeiro o blogue!! Moi bo video... ;)

    ResponderEliminar
  12. O ultimo comentario é meu, son David Espiñeira, 1ºBH1

    ResponderEliminar