3 de nov. de 2010

Un berro no clube de lectura



Como no cadro de Edvard Munch, explota no noso interior un berro xigantesco que lanzamos ao vento para desde aquí facer un chamamento a todos aqueles que queiran explorar con nós o paraíso conquistado pola literatura. Desde aquí, desde a Cova Céltica saudámosvos e invitámosvos a que nos acompañedes un ano máis na búsqueda de aventuras,de emocións e do goce inmenso que proporciona a lectura compartida dunha boa obra literaria, participando no novo clube de lectura do noso instituto neste curso 2020-2011.

1 comentario:

  1. Cris, sei que chego un pouco tarde mais mirando as entradas do blogue decateime que pon que estamos no curso 2020-2011.

    Un saudo.

    ResponderEliminar