7 de mar. de 2018

8 DE MARZO.

Por que o 8 de MARZO?

Hai dous motivos históricos que fixeron que o DÍA DA MULLER TRABALLADORA fose o que é hoxe en día.
O primeiro é que o oito de marzo do 1857 un grupo de mulleres que traballaban nunha fábrica textil, saíron á rúa a protestar polas pésimas condicións laborais.
E o segundo motivo polo cal conmemórase ese día é porque o 5 de marzo de 1908 as mulleres que traballaban noutra fábrica textil de Nova York, fixeron folga. As razóns polas cales o fixeron para ti e para min son básicas, pero naquela época as mulleres eran consideradas coma o peor da sociedades (ou case o peor) e non tiñan dereitos. Estas foron:  igualdade salarial; reducción da xornada laboral a dez horas diarias, posto que traballaban moitas máis cós homes; e unhas condicións de hixiene óptimas.
O dono da fábrica (si, era home), encerrounas nela, a pechou e provocou un incendio, quemándoas vivas.

Por que a cor MORADA?

A lenda di que cando as mulleres da fábrica de Nova York fixeron folga o 5 de marzo de 1908, estaban traballando con telas moradas e, ademáis, o fume que saía do edificio era morado.
Hai outras lendas ou hipóteses sobre esa cor, coma a das lentes moradas ou o que se di de que é a fusión do rosa e azul (enlace á información: https://www.estrelladigital.es/articulo/mundo/violeta-color-mujer/20160307124808275333.html ).

Por que é unha folga de traballo? Que significa?

Isto quere dicir que a folga, aínda que está convocada legalmente para homes e mulleres, só deben facela as mulleres. Por que? Pois porque o obxectivo é que se vexa todo o que as mulleres traballan, e traballamos, cada día tanto dentro coma fora da casa.
"Sen nós párase o mundo."

E a manifestación?

A manifestación si é completamente mixta, tanto homes coma mulleres poden ir a reivindicar a igualdade. Pero recorda, se es home e apoias o feminismo, non te poñas diante a liderar a manifestación, grita con todos e todas, pero a lideración da actividade é nosa. Por que? Pois porque ten que verse que:

1- As mulleres somos perfectamente capaces de levar a cabo unha manifestación e calquera cousa que nos propoñamos.
2- Ti non es o oprimido, es o opresor. Apoia a loita, pero non a lideres.

Por que fai falta o 8M?

Durante toda a humanidade, a muller estivo baixo as ordes dun home e sempre foi inferior a el. O por que é descoñecido. Pero siempre foi así. Desde o momento no cal a muller déuse conta de que o feito de que a tratasen de forma discriminatoria por nacer muller non estaba ben, a sociedade comenzou a buscar calquera excusa para os argumentos feministas.
Hoxe en día, úsase moito o termo «femimazi». É dicir, que encerramos a homes en campos de concentración e gaseámolos.
Desgrazadamente para moita xente esa definición e termo son reais. Para moitos, o feminismo é o contrario ó machismo.
Invítovos a que busquedes ambas definicións na RAG ou RAE.

Entón segue facendo falta loitar pola empoderación da muller e a igualdade entre sexos ou está todo arranxado?





Ningún comentario:

Publicar un comentario