21 de feb. de 2018

ISTO É PARA TI.

A ti, autor dos seus cabelos,
actriz dos seus xestos
e poeta dos seus beizos.

Non imaxino maior locura
ca da perderme entre os teus brazos,
nas túas apertas seguidas de miradas,
esas que te vacían por dentro y chéante de luz.

Regálame sonrisos,
curvas finas que me desencaixen, que me firan,
que me alegren y me fagan dibuxar grandes curvas cos meus beizos,
esos que morres por bicar, 
que morres por acariciar.

Quero que sexas a luz que me guíe cando esté perdida nun mar de bágoas,
como os faros guían ós barcos cando están perdidos entre as ONDAS.
E dame igual se a túa vida,
a miña,
ou as dúas,
son ONDAS de cinco metros de altura,
tempestades
ou tsunamis.

Despois da tormenta sempre chega a calma,
e eu quero disfrutar da miña calma contigo.

Resultado de imagen de mar vigo


Alba Lorenzo.













Ningún comentario:

Publicar un comentario