7 de feb. de 2018

TODOS TERIAMOS QUE SER FEMINISTAS.

Todos teriamos que ser feministas é un libro escrito por Chimamanda Ngozi Adiche. Bueno, realmente é unha conferencia que deu ela en decembro do 2012 en África e plasmouse en físico.
Neste libro de cincuenta páxinas, a autora fálanos da súa historia có feminismo. Dende a primeira vez que alguén chamoulle feminista e cales foron os seus sentimentos ata unha anécdota de cando era nena que marcoulle moito.
Recoméndoo incansablemente porque é un libro có que aprendes, có que te das conta da realidade, de pequenos actos machistas que vivimos día a día e que non nos damos conta. Da igual o metido ou metida que estés no mundo do feminismo, este libro é necesario e debería ser lectura obligatoria nos institutos (aproveito para propoñelo ó profesorado. Por intentalo non se perde nada).
A profesora de castelá dixo unha frase fai unhas semanas que me fíxo recapacitar. Estabamos correxindo un comentario que tiñamos que facer sobre unha ilustración na que saían catro mulleres reivindicando o dereito da muller de vestirse como queira. Na seguinte viñeta sae unha moza con pantalón corto e top, e as mulleres que anteriormente estaban reivindicando ese dereito insúltana por levar esa vestimenta. A profe dixo textualmente: "fago tanto incapé nestes temas, e neste en concreto, porque non se menciona nos libros de texto, non hai información deles. Chicas, estamos fóra da sociedade."
Non hai información nos libros de texto, no día a día educativo. Non é un tema que se toque as veces que deberíase facer. Por que? Seguimos todavía fóra da sociedade? Ou seguimos sendo unhas esaxeradas?
O feminismo é unha loita. E é de todos e todas. Se dende que comenzamos a camiñar incúlcanos igualdade, medraremos con ela no cerebro e no corazón.
Unha das citas que máis me gustan do libro reflexa moi ben isto (páxina 18-19): «Se facemos algo unha e outra vez, acaba facéndose normal. Se vemos a mesma cousa unha e outra vez, acaba facéndose normal».
(Todos teriamos que ser feministas está dispoñible na biblioteca do instituto).

ENLACE Ó DISCURSO SUBTITULADO: https://youtu.be/85fqNwDKXfA





Ningún comentario:

Publicar un comentario