27 de xan. de 2018

Superhome

O seguinte texto é unha moi boa explicación dun dos conceptos máis controvérsicos da filosofía contemporánea. O superhome de Friedrich Nietzsche. Tema tratado, por desgracia, de forma moi superficial nas clases de filosofía (como todos os demáis dada a importancia de cantidade respecto a da calidade. Reproche dirixido ao sistema e non ao profesor).

Así falou Zaratustra convirtíuse nunha das obras máis representativas e famosas do filósofo aleman. 
"O SUPERHOME DE NIETZSCHE O concepto de Superhome de Nietzsche non pretende modificar a esencia do home, nin crear unha nova especie biolóxica. Tampouco supón a apoloxía da forza bruta e a ausencia de escrúpulos, nin un modelo ideal único que se erixa sobre o resto da humanidade. O superhome é o home novo que aparece tras a “morte de Deus”. Nietzsche concíbeo como o individuo fiel aos valores da vida, ao “sentido da terra”. Este novo home supón afastarse da vida humana predominante na cultura europea, ascética e nihilista. O superhome non se pode identificar cunha clase social con privilexios que lle poidan vir pola tradición ou que descansen na súa poder social (coa aristocracia, por exemplo), nin cun grupo definido biolóxicamente (cunha raza). O superhome é a afirmación enérxica da vida e o creador e dono de si mesmo e da súa vida, é un espírito libre. Este tipo de home non é un ideal abstracto, pois a historia móstranos individuos desa talla: Napoleón ou César Borgia, ou máis aínda, Sthendal ou Shakespeare, son para Nietzsche exemplos de superhomes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario