19 de mar. de 2017

Recensión

Título: A memoria da choiva
Autor: Pedro Feijoo
Editorial: Xerais
Ano: 2013
Lugar de edición: Vigo
Nº de páxinas: 469

Prezo: 22 €

Ao inicio da novela, o autor fai unha dedicatoria, despois atopamos tres citas das obras de Rosalía de Castro, Suso de Toro e Jeff Tweedy. Na obra hai un prólogo, escrito polo autor, no que alguén narra a verdade sobre a súa nai, a cal todos pensaban que era unha santa, pero a realidade era totalmente a contraria.

A historia comeza en Santiago con Aquiles Vega, un xornalista de investigación o cal non pasa o seu mellor momento profesional por un artículo polémico de cando traballaba en El País. O seu amigo, o inspector Andrés Casapedra chámao para que o axude nun novo caso, o brutal asasinato do psicoanalista Xosé Carneiro, para que poda recuperar o seu prestixio como periodista. Seguindo a pista nuns versos de Rosalía, Aquiles asociase coa profesora de literatura Sofía Deneb. Un día despois da morte de Carneiro, otro asasinato igual de terríbel ten lugar e alguén co alias de Adriano comeza a mandar correos electrónicos con versos de Rosalía a distintas persoas que participan no caso. Aquiles, Sofía e os seus colaboradores teñen que atopar preto ao asasino antes de que mate outra vez e para elo ten que percorrer distintas partes de Galicia como Padrón ou A Coruña.

A obra ten relación coa materia de Lingua Galega e Literatura porque fala da vida de Rosalía de Castro, a máis importante poetisa galega, do seu marido, Manuel Murguía e o resto da súa familia. Tamén a obra fai moitísimas referencias e reflexións sobre os poemas da obra Follas Novas desta poetisa.

Este libro é unha forma moi entretída para os alumnos e outras persoas de aprender mais sobre Rosalía, e xa non só da súa obra, senón tamén da súa vida.

Resultado de imagen de a memoria da choiva pedro feijoo
Pedro Feijoo con A memoria da choiva
e a súa outra novela, Os fillos do mar
( Imaxe da Voz de Galicia )



Ningún comentario:

Publicar un comentario