19/03/2017

Recensión de "A memoria da choiva"

A memoria da choiva
Autor: Pedro Feijoo
Editorial: Xerais Narrativa
Ano: 2013
Lugar de edición: Vigo
Número de páxinas: 469
Prezo: 22€

Guía do lector:

A memoria da choiva comeza cunha pequena introducción cuhas citas de Rosalía de Castro, Suso de Toro e Jeff Tweedy; e unha páxina cun pequeno soliloquio dunha muller falando da súa nai á quen, ao parecer considéraselle unha santa, mentres que a súa filla afirma o contrario.

Pasando xa á obra en sí, o protagonista da novela é Aquiles Vega, un ex-xornalista de investigación  de El País que traballa nunha revista de ufoloxía mentres busca outros traballos de investigación. Todo comeza cando o seu amigo, o inspector Andrés Casaperda infórmalle de que un psicanalista chamado Xosé Carneiro foi brutalmente asasinado. Aquiles pídelle ao seu amigo que lle deixe participar na investigación, á marxe da policía, pois podería ser o caso que relanzase a súa carreira.Na súa labor de investigación, coñece a Sofía Deneb, unha profesora de filoloxía galega especializada en Rosalía, quen podería ter algunha relación co caso. Aquiles a máis Sofía alíanse, e a súa busca levarales a puntos moi diversos da xeograía de Galicia, como a Casa da Matanza, Vigo, Coruña...

Este libro relaciónase coa materia de Lingua Galega el Literatura en canto que a meirande parte do libro atópase nun contexto no que os poemas, a vida dos literatos e os seus temas xogan un papel moi importante dentro deste. Aínda así, a lectura do libro pode levar a lectores inexpertos a unha confusión sobre a vida dos autores como Manuel Murguía ou Rosalía de Castro, sendo esta moi alonxada da que se describe no libro. Malia iso é un excelenete estímulo para o estudo deles, pois axuda a ver estes autores dunha maneira máis alonxada do estudo normal e xeral da vida dos autores, o cal pode animar aos alumnos ó seu estudo.
Guillerme López

Ningún comentario:

Publicar un comentario