19 de xuño de 2016

ESPAÑA NOS XOGOS OLÍMPICOS



España ten 131 medallas olímpicas nos xogos de verán e 2 nos de inverno, unha de ouro e outra de prata en esquí de fondo.

Nos xogos de verán son 37 medallas de ouro, 59 de prata e 35 de bronce. O deporte no que España ten máis medallas é a vela, con 19 medallas en total (13 de ouro, é o deporte que mais ten seguido do ciclismo por 5 medallas de ouro, 5 de prata e 1 de bronce).
Desas 19 medallas dúas, ambas de ouro, pertencen a embarcacións galegas. A primeira en Pequín 2008, gañárona Antón Paz e Fernando Echevarri na clase tornado. A segunda gañárona Sofía Toro, Tamara Echegoyen e a non galega Angela Pumariega, nos xogos de Londres 2012 na clase Elliott 6m.