17/06/2016

A PEQUENA ESCOLA DA ALDEA


Eu non sei se vós sabedes, que antigamente nas aldeas había pequenas escolas onde a ensinanza era moi básica.

Na planta baixa do edificio, atopabase unha gran aula onde se xuntaban rapaces de todas as idades.

A composición era moi sinxela, só tiña os pupitres, a mesa do mestre, una pizarra e una estufa de leña para poder pasar o inverno; iso si, os rapaces tiñan que carretar leña da súa propia casa; pero ter non tiñan nen aseos, había que ir mexar fóra.

No piso de enriba, normalmente era a vivenda do mestre, tamén moi humilde.

Eu sempre recordo ao meu avó contar que naquela escola había una profesora, morena de ollos escuros, que tiña a medio pobo namorado.

O que máis graza me facía, era có  seu medio de transporte era unha burra, chamada Farruca.

Cada vez que escoitaba aquela historia, intrigabame máis saber como era a beleza de Dona Ana, a linda profesora.

Lembro que cando era nena e pasaba por diante da escola, miraba sempre para unha das fiestras de madeira que estaba toda rota, por onde se vía una foto pendurada da parede, e miña pregunta sempre era a mesma “ Será a imaxe daquela fermosa muller?”

Rondando os trece anos, volvía una tarde de xuño de xogar cos meus amigos. Pasei por diante da escola e mirei unha vez máis para aquela fiestra, e a miña curiosidade foi tan grande, que non aguantei máis e aí comezou a miña gran trasnada.

Deille una volta a aquel edificio antigo, empurrei una xanela e metinme dentro.

Aquelo era tal e como o describía o meu avó.

Abrín una porta e atopei unhas escaleiras de madeira todas apolilladas, pero como cada vez estaba máis intrigada, subín ao piso de enriba.

Cal foi a miña gran desilusión, que aquela imaxe que vía desde a rúa era uhna estampita de San Antonio, pero… cando estaba por marchar caín por un burato, e aí atopabame eu, no chan dun cortello.

Cansei de berrar, pero ninguén me acudíu, e alí pasei a noite,  morta de medo.

De vez en cando, escoitabase  asubiar a unha curuxa, e a algún que outro ratiño, que andaba dando voltas.

Non dormín en toda a noite!!!



Pola mañá atopáronme, cando viron a miña bicicleta tirada fóra.

PINTURA DE FRANCISCO LLORÉNS

Ningún comentario:

Publicar un comentario