04/02/2014

Visita á RAG

         O luns 3 de febreiro visitamos a RAG cun grupo de alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de ciencias. Primeiro estivemos no salón de plenos e despois continuamos a visita no primeiro andar, onde se ubica o museo de Emilia Pardo Bazán. Atendeunos personalmente a directora do museo, Xulia Santiso, quen preparou unhas actividades moi entretidas. Lemos tamén entre todos o conto da condesa titulado Las medias rojas. Enfeitizados estivemos durante máis de tres horas sen decatármonos, como Santo Amaro na illa do mar de lonxe.
Os académicos e académicas do futuro

Unha auténtica marabilla!

Por certo, tamén podemos ler a Pardo Bazán en galego, xa que temos unha tradución de Los pazos de Ulloa!

1 comentario:

  1. Foi unha moi interesante. Eu non sabía que a Academia estaba onde estaba hasta que fun. É unha casa con historia pura e ben conservada. A guía que nos tocou foi moi simpática e divertida. Recomendo a visita a todo o mundo, non os vades arrepentir.

    Jose Ogea 1 Bac A

    ResponderEliminar