17/02/2014

O BOTAFUMEIRO

No s. XVI  construíuse na cúpula da catedral un mecanismo diseñado por Juan Bautista Celma que permite o funcionamento do botafumeiro (inciensario xigante. A súa función era contrarrestar os malos olores causadas polas longas peregrinaxes). Unha vez traído o botafumeiro do museo catedralicio ( que é onde se garda) se encende e se coloca na maroma da que tiran oito "tiraboleiros".
Os botafumeiros máis antigos que se conservan son dos anos 1851 e 1971, este último agasallo de "La Hermandad de Alféreces Provisionales". Funciona nas grandes solemnidades,  e nos días e festa seguintes:
- 6 de Xaneiro
- Pascua
- Ascensión
- Clavijo (23 de Maio)
- San Pedro, Santiago Apóstol (25 de Xulio), Inmaculada.
- 25 e 30 de Decembro.

Ademais, nos anos Santos Compostelanos ou Xacobeos, funciona todos os Domingos na misa do peregrino, así como á petición de comunidades que pagan por velo.

Por agora o botafumeiro só caiu 4 veces, sen ocorrer nunca ningunha desgracia persoal. Unha das veces atravesou unha roseta dun lateral chegando ata a praza das Praterias, que ten una fonte con cabalos. 

(fotografía propia)



Ningún comentario:

Publicar un comentario