04/12/2013

              O pasado día 1 de Decembro foi o día mundial contra o SIDA ou síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Trátase dunha enfermidade do sistema inmunitario humano causada pola infección do virus da inmunodeficiencia humana (VIH) na cal o sistema inmunitario perde a capacidade de loitar contra as infeccións. O virus ataca principalmente as células TCD4+ do sistema inmunitario. 
               O VIH transmítese principalmente durante as relacións sexuais sen protección, mais tamén a través do sangue infectado por medio de transfusións  non debidamente controladas, ou por compartir agullas hipodérmicas e xeringas, así como tamén de nai a fillo durante o embarazo, parto, ou lactancia.


Imaxe sacada de Internet.

Ningún comentario:

Publicar un comentario