10/06/2013

O Camiño de Santiago



Dende hai máis de 1200 anos, moitas persoas de todo o mundo viaxan ata a catedral de Santiago de Compostela para levar a cabo o ritual cristián de orar ante o sepulcro do apóstolo Santiago. Os seus pasos definiron un camiño por todo o norte peninsular, dende os Pirineos ata os montes de Galicia, que alcanzou un nome propio co tempo, o Camiño de Santiago.


Hoxe en día esta ruta segue aberta e é feita por moitísimos peregriños, tanto por motivos relixiosos e espirituais como por diversión ou para facer deporte. O camiño, marcado mediante cunchas ou frechas amarelas, entre outras sinais, permítenos chegar a Compostela en bicicleta ou a pé, igual que o fixeron os peregriños medievais.


O pasado mes de abril, un grupo de alumnos de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato fomos con algúns dos nosos profesores facer unha parte do Camiño, dende Suances a Triacastela. Foi unha gran experiencia que nos gustaría repetir.

Fotografía durante a visita ao Mosteiro de Samos (Samos, Lugo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario