04/02/2013

O ENTROIDO NA CORUÑA

 
Os apropósitos
A palabra "entroido", e as variantes "antroido", "entrudo"  proceden do latín "introitu", que significa "entrada é dicir, é o tempo que precede á Coresma, a entrada para para esta data. O entroido coñécese tamén como carnaval; procede, segundo moitos etimoloxistas, do italiano "carnevale" (do latín vulgar "carne-levare", literalmente abandonar a carne). Algúns

autores propoñen a orixe pagana do nome: Carna, a deusa celta das fabas e do touciño.

Peliqueiros de Laza (Ourense)














Os carnavais máis famosos son os celebrados en Ourense e Lugo, coma os de Laza, Verín e Xinzo.


O entroido ou carnaval é unha festa que fala  dunha inversión dos valores habituais; é o mundo patas para arriba. As bromas e xogos, as máscaras e especialmente "Os apropósitos"  que son representacións teatrais que serven para ridiculizar costumes  ou defectos da sociedade... Na cidade da Coruña o Entroido conta cunha tradición que vén xa desde o S. XIX e que vén cobrando forza especialmente a partir dos anos 70. Un dos elementos máis característicos do noso carnaval  consiste precisamente nos  Apropósitos, que son unha especie de representacións de carácter esperpéntico que se interpretan na
 rúa e que repasan en clave satírica a actualidade con personaxes que pertencen ao 
As máscaras
mundo real mesturados con personaxes da nosa mitoloxía.

 
 





As máscaras de Entroido son diversas e varían nos distintos lugares de Galicia:
 

As chocas
Cigarróns, entroidos, mecos, peliqueiros, merdeiros e destacamos os "choqueiros" típicos do carnaval da nosa cidade.
Segundo o diccionario da Real Academia da Lingua Galega:  choqueiro é "a persoa que vai disfrazada con chocas", que son instrumentos de metal semellantes a unha campaíña que se pendura do pescozo do gando. Por extensión "choqueiro é calquera persoa disfrazada con calquera roupa e cunha máscara"




 Gastronomía: A comida é de festa, con especial presencia da carne de porco. Son característicos o lacón, os chourizos, a cacheira,  as filloas, as orellas.
 As bromas tamén son algo característico destas festas. Vicente Risco dicía que
 


máscara de demo
                            "as bromas de Entroido son tantas que non se poden contar"

 






Na Coruña celebramos especialmente os días grandes: o Luns, Martes de Entroido e Mércores de Cinza, son as mellores celebracións.
As festas arrincan coa entronización do deus Momo, deus das burlas e das bromas. A seguir temos o concurso de comparasas. Tamén son típicos da Coruña os desfiles de "comparsas" e as "carrozas" nos que participan diferentes agrupacións culturais.

O día máis importante é o Martes de Entroido no que se celebra A Festa dos Choqueiros en Monte Alto.
O Mércores de Cinza é o día no que se celebra o ritual do "Enterro da sardiña" e Queima do Momo" na praia de San Amaro que pon o punto final ao Entroido coruñés.


O enterro da sardiña



"Adeus Martes de Antroido,
adeus meu amiguño,
ata o domingo de Pascua
non comerei máis touciño"
                     (cantiga popular)

Ningún comentario:

Publicar un comentario