26/01/2013

O DÍA DA PAZ


Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celébrase o Día escolar da non-violencia e da Paz.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

Aqui deixamos un enlace para que poidades ver o traballo que fixeron alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES de Poio, Pontevedra
http://snack.to/fxp8yh1v

Nós o día 30 de xaneiro realizaremos un club de lectura con alumnos e alumnas de 2º de ESO para comentar a obra O enigma de Embívicus de Xosé Antonio Perozo. Con axuda desta lectura reflexionaremos precisamente sobre os valores que queremos inculcar neste día da  paz, xa que ademais da ficción destacan nel  a defensa da solidariedade, do amor e a amizade que se opoñen ao fanatismo e a xenreira sen razón e ás traizóns entre amigos para conseguir beneficios de tipo político ou social 

Ningún comentario:

Publicar un comentario