9 de dec. de 2012

 
 
O pasado xoves fixemos o primeiro club de lectura con alumnado de 2º da ESO. Comentamos a novela breve de Jaureguizar, A coroa de Napoleón. Esta obra serviu ademais de motivación para falar da cidade da Coruña, posto que se desenvolve nela a aventura de Tintimán. Sobre un mapa do lugar establecemos o percorrido do protagonista e comentamos os puntos de interés relacionados cos sitios nos que sitúa a acción o autor. Aproveitamos como non, para lembrar a importancia de José Cornide e algúns dos acontecimentos históricos que se viviron na Coruña no S. XIX, como por exemplo a Batalla de Elviña, que tivo lugar en enero de 1809. Na presentación que aparecea seguir podedes ver o caderno de traballo de Laura sobre o relato.

 
6 de diciembre de 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario