11/12/2012

1000 VERSOS PARA CELSO EMILIO

 
 
Unha das actividades preparadas con motivo da homenaxe que vimos realizando a Celso Emilio Ferreiro durante este trimestre consiste na lectura de poemas das diferentes obras deste autor. Suman un total de 1000 versos que lerán alumnos e alumnas de diferentes cursos na emisora de radio e tv do noso centro, que dirixe o profesor e poeta Alberte Suras. A lectura terá lugar na vindeira semana, o mércores, xoves e venres en horario de 11 a 11.30 coincidindo co período de lecer. Na biblioteca instalaremos unha pantalla e altavoces para retransmitir o evento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario