17 de xan. de 2011

Un cranio furado

Por Cris Asensio

A skull in Connemara é o título en inglés da obra de teatro que imos ver o vindeiro mes de febreiro acompañados dos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do noso centro. Producións Teatrais Excéntricas é a compañía que se encarga da posta en escena. O director é Quico Cadaval é o autor da obra é o autor anglo-irlandés Martin McDonagh.
A acción sucede no cemiterio de Connemara onde o enterrador local, Mick, ten que trasladar os restos da súa dona que morrera sete anos atrás nun accidente de tráfico, pero hai moitos que sospeitan que en realidade non se tratou dun accidente...

"Non é unha comedia de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de TV de forenses, non é unha Festa dos Difuntos, non é un esperpento...mais ten un pouco de todo." (Producións escénicas)

5 comentarios:

  1. Pareceme xenial que nos leven a ver obras coma esta.

    Eu xa coñecía un pouco outras obras deste autor e son fenomenales .De feito, non é a primeira obra en galego que temos deste autor.

    Anteriormente nos nosos teatros podíamos ver a obra titulada 'The Beauty Queen of Leanne'(A raiña da beleza de Leenane) , un drama social irlandés con un pouco de comedia e humor negro con que o autor nos incitba a coñecer a súas obras.

    A skull in Connemara( Un cranio furado) é a segunda parte da triloxía que ten Martin McDonagh(denominada 'trilloxia de Leenane'' xa que ocorre a tres obras nese pobo de Irlanda). E para rematar a historia completa sería a terceira obra, a chamada'O oeste solitario' na que se desencadenaría toda a trama composta por Martin McDonagh.

    Creo que será unha obra moi entretida onde haberá un pouco de todo e onde non faltarán as solpresas.

    Déixovos enlaces para que vos enteredes un pouco de que vai a historia e vexades imaxes da obra.

    http://butacaenanfiteatro.wordpress.com/2010/11/12/un-cranio-furado-a-skull-in-connemara-o-partirse-el-craneo-de-risa/

    http://www.worldlingo.com/ma/enwiki/es/Martin_McDonagh

    http://www.interescena.com/articulos/3579-el-oeste-solitario-odio-y-rencor-entre-hermanos-detonados-por-la-tragedia

    ResponderEliminar
  2. Esta obra chama moito atencion e interesante; o autor Martin McDonagh cultiva o teatro da crueldade destacando o aspecto violento e grotesco das obras para captar a atencion do espectador e o uso frecuente do humor negro. O autor quere presentar dialogos que mostran a forma de como falamos ao largo do dia.

    Como ven di Laura é xenial que nos leven a ver obras coma esta, xa que non trata dun só tema senón que atoparas máis cousas.

    ResponderEliminar
  3. A min, encántame o teatro e me parece xenial que nos leven a ver obras de teatro, con elas, pásase un bo rato xa que normalmente son moi entretidas.

    Esta é unha grande oportunidade de poder ver unha adaptación dunha obra dun autor tan coñecido como é Martin McDonagh que xa obtivo moitos premios por outras obras súas, coma por exemplo "Six Shooter", co que gañou un Oscar á mellor cortometraxe en 2006. Tamén for galardonado con dous Premios Oliver polas súas obras "El hombre almohada" e "El teniente de Inishmore".

    A verdade que o link que nos deixou Laura está moi ben e nos conta moitas cousas para poder entender mellor a obra.

    Espero que todos disfrutemos desta obra que seguro que nos vai sorprender e vainos gustar moito.

    ResponderEliminar
  4. Primeiro antes de nada querría decir que admiro esta obra. Fun o día que se estreou e pareciume xenial. Chea de humor, un pouco de misterio .. e os actores tamen moi bos. Aunque algúns deles nos coñecía de antes.

    ResponderEliminar
  5. Agora que xa vimos a obra de teatro, podo comentar con mais coñecemento sobre o tema. Dicir que a obra non estivo mal, parecéronme todos uns grandes actores e que o fixeron moi ben (algúns eran coñecidos por case todos nós). Fíxose amena e entretida, cun final inesperado e algo siniestro.
    Gustaríame repetir este tipo de experiencia e ir ver mais obras de teatro de este tipo

    MªSoledad Muiño Lema 1ºBC2

    ResponderEliminar