16 de xan. de 2011

Luar na lubre

Por Laura Solano

 Nunca escoitara música deste grupo e paréceme interesante o que fan. Por iso investigando un pouco encontreime co proxecto deste grupo (Luar na Lubre) e baséase fundamentalmente nas músicas de raíces galegas polo que dedican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos e tamén fan as súas propias composicións.

A banda sendo coruñesa, converteuse hoxe en día na máis internacional da Galiza levando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta a moitos lugares do mundo.

Tamén gañaron moitos premios, entre eles por exemplo o de mellor grupo de folk da Galiza outorgado polo diario "El ideal Gallego", nove premios da música concedidos pola SGAE e pola "Academia de las artes y las ciencias de la música", sumándoselle dous premios Luar outorgados polo programa "LUAR" da TVG, pola mellor traxectoria profesional e polo mellor tema galego como moitos outros premios.

É un grupo que se da a coñecer pola súa música e paréceme cousa moi beneficiosa para enriquecer a nosa arte polo mundo e darnos a coñecer como pobo galego.
"Luar" significa o resplandor da lúa chea e "lubre" bosque.

Déixovos a páxina principal deste grupo para quen o queira ver.

http://www.luarnalubre.com/historia.php?idioma=gl

4 comentarios:

  1. Paréceme xenial que grupos como Luar na Lubre, continúen a tradición da música galega que tanto nos fai destacar.

    Investigando encontrei o nome de moitos outros grupos que como Luar na Lubre, cantan en galego e fan conservar este patrimonio tan bonito como é a música celta:

    DOA, Ergom, Anacos De Buxo, Sete Saias, Norfolk...

    ResponderEliminar
  2. Ao meu xuízo a música galega non é das que máis me gustan, pero se teño que escoller un grupo dos mellores que eu escoitei sería Fuxan os Ventos e Cristina Pato.
    O ano pasado, no verán acudín a un concerto de Cristina e Rosa Cedrón, no cal presentaban un disco chamado SOAS, nel teñen cancións como Quen Puidera Namorala, Negro Caravel, e máis poemas tanto de Rosalía de Castro como de outros autores representativos da literatura galega.

    ResponderEliminar
  3. María Iglesias García14:32 do 19 de xaneiro de 2011

    Paréceme que estes grupos fan mostrar a cultura galega por tódolo mundo, algo que agrandece esta terra, que por moi pequena que sea teñen unha historia que xa lles gustaría moitos outros lugares.
    "Luar na Lubre" é un grupo que creo que con el podemos ver a beleza de moitas cantigas.
    Estiven buscando cancións e hai unhas cantas que chamáronme a atención, pero destaco a de "O son do Ar" ( http://www.youtube.com/watch?v=d-xaCxwww5A ), que ao principio aparece un instrumento de corda que nunca vin ata de agora.

    ResponderEliminar
  4. Eu, este grupo xa o coñecía dende hai moito tempo, xa que o meu pai escoitaoo moi amenudo.

    Penso, que a música tradicional é parte da nosa cultura e ainda que podemos pensar que non nos gusta debemos de sentirnos orgullosos de que xente coma este grupo e os nomeados polos meus compañeiros anteriormente coma:DOA, Ergom, Anacos De Buxo, Sete Saias, Norfolk...

    Eu persoalmente asistin a varios concertos deste grupo.

    A canción que pon María no seu comentario, é fascinante... é unha das máis coñecidas do grupo.

    Aida Rodríguez

    ResponderEliminar