2 de dec. de 2018

POESÍA CONTRA O MALTRATO

Por Hugo G. R.


MUNDO PERFECTO


 

Imaximamos un mundo,
sen golpes,
 PERFECTO.



Imaxinamos un mundo,
sen prexuizos,
 PERFECTO.

Imaxinamos un mundo,
sen violencia, 
PERFECTO.

Cando atoparei


o meu mundo PERFECTO!!




21 de nov. de 2018

O FEMINISMO As nosas figuras do feminismo son Kim Hyun-ah de Corea do Sur e Miriam Rodríguez Gallego de Galicia. As duas son cantantes que defenden a igualdade de xénero e o empoderamento feminino. Nos seus traballos podemos apreciar o que intentan transmitir, como na canción "Hay Algo En Mi" de Miriam na que describe una experiencia difícil dunha muller e como a pesar de todo segue adiante ou na forma na que Hyun-ah vai na contra do machismo,mostrando nas súas actuacións e nos seus videos musicais as diversas facetas dunha muller en vez de mostrar o que manda a sociedade machista, unha muller delicada e sumisa. Elas son unha mostra de como son as mulleres fortes que defenden o feminismo e a igualdade.

 V.E.M. e N.V.R.
FOTOS:
HYUNA-https://www.google.es/search?q=kim+hyuna+2018+sexy&rlz=1C1PRFC_enES821ES821&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwig0PCpoObeAhUnsaQKHfQpDTQQ_AUIDigB#imgdii=m6E4cDAw89dhNM:&imgrc=d9234n8DfcPD_M:
MIRIAM-https://www.google.es/search?q=miriam+ot&rlz=1C1PRFC_enES821ES821&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwjSqLDfoObeAhXKy6QKHTGcA9wQ_AUIDigB&biw=1366&bih=608#imgrc=dDHswyCZ5u9fhM:
QUEEN:
A película Bohemian hapsody conta a historia da historia QUEEN.Como comezou,os problemas que tiveron ao longo da sua carrera e alguns que provocaron a sua separacion e como ao final rencontranse.Ao rematar contan a morte de Freddie Mercury.


                                                Resultado de imagen de bohemian rhapsody
FOTO SACADA DE:https://www.google.es/imgres?imgurl=http://t1.gstatic.com/images?q%3Dtbn:ANd9GcSJKz8tlHmr7pgyuZZ_oUqvOC0jV-Wv8ML3AvQutdr6qLDNPzjr&imgrefurl=http://t1.gstatic.com/images?q%3Dtbn:ANd9GcSJKz8tlHmr7pgyuZZ_oUqvOC0jV-Wv8ML3AvQutdr6qLDNPzjr&h=330&w=220&tbnid=GX50LGMuCCcHWM:&q=bohemian+rhapsody&tbnh=160&tbnw=106&usg=AI4_-kSbCNwDU3lF_w1uR7lOiSEJguJETw&vet=12ahUKEwi33Nz_gObeAhVQqaQKHW_lAf4Q_B0wJXoECAQQEQ..i&docid=YIQzmxmU7w2khM&itg=1&sa=X&ved=2ahUKEwi33Nz_gObeAhVQqaQKHW_lAf4Q_B0wJXoECAQQEQ

25 de xuño de 2018

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Con este tríptico de lecturas para o verán despedímonos ata setembro.
Felices vacas a todas e todos!!

 

8 de xuño de 2018

o AMOR NON se HERDA.

O amor non se herda.

{Aquí haberá un batiburrí de ideas e, polo tanto, diferentes opinións. Só pido respecto pola miña}.

Eu penso que o amor non se herda, non vai nos xenes. Non é obrigatorio amar á túa familia. Esta é por suposto a miña visión, e agora vou explicala.

Dende ben pequenos incúlcanos que a familia é o primeiro. Sempre. Pase o que pase, eles estarán aí, apoiarante, axudarante, etc.
Pero que pasa se a túa familia non te apoia? Que pasa se a túa familia non respecta as túas decisións? É algo que temos que calar e "querer" a esa persoa só por ser da nosa familia?
Se vivimos cunha persona que nos maltrata, física ou psicolóxicamente, o que todo o mundo nos vain dicir que fagamos, e o que nós acabaremos facendo, é deixala. Pero claro, se esta mesma situación se víve cun familiar e cortamos a relación, está mal visto.
Non o entendo, segue sendo unha persona que che fai dano, é unha relación tóxica.
A familia é aquela que se escolle, e se temos a sorte de que a que é de sangue apórtanos, quérenos e apóianos, perfecto, pero senón déixao ir. Non ten sentido forzar algo que non funciona nin nos fai ningún ben.

30 de maio de 2018

Que non son un obxecto.

Que preciso sentir.

Preciso bater as ás e notar que o vento remove os meus cabelos.
Necesito que se me corte a respiración de golpe, ou notar esa sensación de afogamento, de que non tes aire.

Preciso un pellizco de realidade, que me destrocen a pel e me fagan sentir.
Preciso que te acerques dunha maldita vez (así, sen rodeos), me apertes e ordenes o meu caos envolto en locura.

E tras iso, por favor, non te vaias de puntillas e sen facer ruido para bañarme outra vez en bágoas.

Quédate, aperta o meu caos.
Quere o meu caos.
Ordena o meu caos.
Pero non te vaias, porque iso é fuxir. E un problema non se soluciona fuxindo.

Alba Lorenzo.


26 de maio de 2018

Empeza novos proxectos, non teñas medo a encontrarte cun «non» por resposta.

Tírao todo pola borda cando non te sentas identificadx co que estás facendo. Non te conformes cun só logro, vai por máis.

Que ninguén te diga que é o que tes que facer e que é o que non.

Ti es o único que te coñece á perfección, e es o único co dereito a prohibirte facer algo.

Non o esquezas, es quen manda na túa vida, e non teñen autoridade sobre ti para cambiala.


15 de maio de 2018

Vida e fondos mariños - As islas Cíes

A costa galega posee un dos máis ricos ecosistemas submarinos na zona que rodea o arquipélago de Cíes, onde destaca o importante bosque de algas pardas..

A circulación das augas e a mezcla de  auga doce e salgada favorecen a concentración de microorganismos que representan fonte de alimento para todas as especies mariñas. Así, nos distintos entornos arredor das islas encontramos diversidade de crustáceos, peixes, moluscos, etc.

Na zona dos acantilados abundan percebes e mexillóns.
Nas zonas rocosas, erizos de mar e anémonas.
Nas praias máis protexidas hai multitude de moluscos bivalvos, así como lenguados, rodaballos, etc.
Ademáis, estaba augas son visitadas con frecuencia por golfiños, baleas, focas, etc.
No fondo mariño hai restos arqueolóxicos e está prohibida a pesca subariña e de recreo.

9 de maio de 2018

TI NO MEDIO DE TANTO RUIDO.

Non es, quizáis,
a persoa correcta no momento exacto.

Non es, seguramente, importante para moitos.
O máis seguro é que para poucos si o sexas.

Non es ninguén nun mundo de millóns de habitantes.
Non es os cabelos nos poemas de Góngora ou Garcilaso.

Pero, sabes? Non paga a pena ter moita xente a túa beira se ós pocos que te queren non os coidas.

Non fan falta castelos maravillosos en lugares paradisíacos se non sabes valorar una pizza do Bocalino.

Non tes que estar pensando todo o tempo en que habería pasado se te houbese apertado, tela a ela.

Ela apóiate, axúdate, aconséllate. Tamén mete a pata, é un desastre. Tamén arrasa con todo ó seu camiñar, e non falo de pratos ou xarróns, que tamén.

Sabe que dicir e que facer. Sabe como dicilo e como facelo.

Sabe mirarte de maneira especial pero que ti non o notes, sabe guiarte polo camiño da amargura cando te conta os seus problemas e ti non sabes que dicirlle para consolala.

Ten ese algo que a fai única.







30 de abr. de 2018

ESTÁ NAS NOSAS MANS.

   É culpa nosa e só nosa que o planeta esté morrendo.
   Nós facemos isto.


   Somos nós e non outros os culpables de que millóns de peixes morran intoxicados cada ano.



   O mar ten toneladas e toneladas de plástico. 



   Estamos "modificando" especies. O noso caos e irresponsabilidade están facendo que outras especies teñan menos esperanza de vida e, por suposto, peor calidade da mesma. 




   É simple: NON CONSUMAS PLÁSTICO.
   Evita a compra de fruta envolta en plástico, cómpraa a granel; emprega bolsas de tela para ir ó súper; aposta por productos ecolóxicos; recicla: hai moitas cousas nn casa ás cales seguro que podes darlle una segunda vida, etc.
   Non penses xa nas xeracións futuras, que tamén, senón en nós, nos que ahora vivimos na terra. No 2050 haberá máis plástico ca peixes no mar.
   É cuestión de educar con conciencia.

22 de abr. de 2018

De Profundis - Miguelanxo Prado


Miguelanxo Prado é o autor do filme De Profundis, unha experiencia visual única que fusiona pinturas ao óleo dotadas de movemento coa música do compositor Nani García. 
Tras a súa aparición nas pantallas, apareceu en formato libro.


Argumento: A historia xira en torno a Fabiano, un pintor que decide viaxar cunhos pescadores para aproveitar a debuxar na cuberta do barco. Un día, o barco afundíu e todos os seus viaxantes afogaron. Fabiano, aunque tamén afogado, desperta como si non houbera pasado nada. Aquí iníciase a viaxe polas profundidades de Fabiano, onde todo o que ve é o que él xa debuxara anteriormente. A interpretación disto é que desperta no seu propio paraíso. 

O libro está disponible na biblioteca do instituto.