19 de mar. de 2018

                                                            Balaena mysticetus
                                                                 -Balea boreal-


A balea de Groenlandia ou balea boreal é unha especie de cetáceo misticeto da familia Balaenidae.
É a única especie vivente do seu xénero. Posúe un corpo robusto, sin a presencia de aleta dorsal.
Habita augas áritcas e subárticas, a diferencia doutras baleas que migran.
Posúe unha enorme boca con multitute de barbas (600 aprox.) de 3 metros cada unha.

As baleas adultas chegan a unha lonxitude de 14 a 18 metros e un peso de 55 a 100 t. A cabeza ocupa 1/3 da lonxitude total do corpo, que é liso e redondeado, sin aletas, corcovas, crestas ou excrencias. Son de cor negro, gris ou parduzco, con manchas irregulares de cor branco na mandíbula inferior e as veces en torno á base da cola.

Os adultos teñen unha capa de 50 a 70 cm de graxa que permite que vivan nas frías augas do Ártico.
Pasan toda a súa vida no Ártico, na rexión circumpolar do norte, a miúdo en augas pouco profundas.

As súas migracións son curtas e realízanse en sentido contrario á fromación e movemento do xeo; ao norte no verán, ao sur en inverno.

Normalmente nadan lentamente na superficie coa boca aberta para filtrar o kril cos filamentos das súas barbas. Tamén se sirven doutros dous métodos para alimentarse; a alimentación en columna, que consiste en zambullirse a unha gran profundidade e logo ascender á superficie no mesmo lugar; e o rastreo do fango, polo que nadan en aguas pouco profundas mentres removen o fango do fondo mariño coas súas colas.

Nadan lentamente para evitar sobrecalentarse e carecen de aleta dorsal e aletas pectoráis grandes polo xeo.

As femias dan a luz a unha cría despóis dun período de xestación de 12 a 15 meses. Os recén nados miden de 4 a 5 metros e son amamantados por casi un ano.

Viven de 150 a 200 anos.

Durante as migracións forman grupos de máximo 14 individuos e nadan en forma de V.


Resultado de imagen de ballena borealEn color azul la distribución de la ballena de Groenlandia

Ningún comentario:

Publicar un comentario