13 de nov. de 2016

Susana Martinez Conde

Susana Martinez Conde, nada o 1 de outubro de 1969 na Coruña, é unha científica dedicada á neuroloxía. É profesora de oftalmoloxía, neuroloxía, fisioloxía e farmacoloxía na Universidade Estatal de Nova York, na cal dirixe o laboratorio de neurociencia integrada. A súa labor de investigación relaciona perceptiva, cognitiva e neurociencia oftalmolóxica, pero é máis coñecida polos seus estudos a cerca das ilusións ópticas, os movementos oculares e a percepción.
A súa carreira comeza en 1992, cando se especializa en psicoloxía experimental na Universidade Complutense de Madrid. Obtén o doutorado en medicina e ciruxía polo programa de neurociencia na Universidade de Santiago de Compostela en 1996. Posteriormente, recibe a formación postdoutoral na Escola de Medicina de Harvard.
Alí convértese en profesora de neurobioloxía no ano 2001. Máis tarde, converterase en profesora de oftalmoloxía e directora do University College de Londres. Regresa a Estados Unidos no ano 2004 para ser profesora asistente no Instituto Neurolóxico Barrow, en Arizona. Non será ata o ano 2014 cando se traslada a Nova York para ser profesora de oftalmoloxía, neuroloxía e farmacoloxía en SUNY Downstate Medical Center, onde dirixe o laboratorio de neurociencia integrada.
Gran parte da súa investigación se centra na creación por parte do noso cerebro de ilusións ópticas. Martinez Conde estuda os efectos da atención na percepción visual e investigou a conexión entre o arte e a ciencia visual.
foto: diario abc

                                                   Ismael e Jorge

Ningún comentario:

Publicar un comentario