12/11/2016

María Isabel Loza García

Doutora en farmacia pola USC. É profesora de Farmacoloxía nesta universidade dende abril de 2011. Coordinadora de grupo Biofarma. Estancias post-doutorais nos departamentos de Fisioloxía e Bioquímica e de Anesteseoloxía no centro médico Monte Sinaí en Nueva York dende 1992 ata 1995.

Autora de 131 artigos publicados en revistas e máis de 160 artigos en conferencias sobre farmacoloxía, química medicinal e neurociencia. Directora de catorce teses de doutoramento. Participando en máis de 90 proxectos de investigación (70 como investigadora principal) financiados por entidades públicas e privados incluíndo a Telethon Foundation TV3, o goberno galego, o goberno español e a Unión Europea. Mantén colaboracións en marcha con empresas farmaceúticas e co sector da biotecnoloxía dende 1998.

Como empresaria participou na creación de tres empresas (Pharmatools Digital,Allelyus e Oncostellae) creou a platagforma de selección de medicamentos USEF e lidera rede galega de I+D de medicamentos.Foi incluída na L´Oreal UNESCO "Para mulleres na ciencia", escribiu un libro titulado "Nós biocientíficas españolas" e foi selecionada pola EFPIA (European Federation of Pharmaceuthical Industries and Associations) entre os 30 científicos de 30 países de Europa para a iniciativa "Retratos dos Científicos do Mañán (París, 19 de Xuño de 2008)

Feito por Ezequiel e Manuel

Ningún comentario:

Publicar un comentario