13 de nov. de 2016

A MELLOR INVESTIGADORA DE EUROPA




        Vanessa Valdiglesias García, doutora en bioloxía na Universidade da Coruña é galardoada  en 2015 pola Sociedade Europea de Genónmica e Mutagénesis Ambiental, como a mellor investigadora menor de 35 anos do continente. Desenvolve un papel precursor no seu campo a través do seu traballo sobre os efectos do fuel a curto, medio e longo prazo na saúde de quen se expón a el.



      

        A investigadora de recoñecemento internacional,  sempre foi una estudante brillante. Desde pequeña, o seu historial académico constitúese con notas non menores de sobresalientes. Tras finalizar os seus estudos de licenciatura en 2002, realiza un Máster en Biotecnoloxía da Fundación Empresa da Universidade de Granada. En 2005, incorpórase ó Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña  para comezar os seus estudos de Doutoramento. Dous anos despois, termina a súa Tese de Licenciatura, traballo polo que recibe o Premio da Real Academia Galega de Ciencias.  En 2010, finaliza o seu Doutoramento en Bioloxía, con Premio Extraordinario.

         A súa vida profesional percorre laboratorios de Reino Unido, Italia, Portugal, India, Chile e España e participa en numerosos  proxectos conxuntos con diversos países. Ademas, Vanessa é autora  de 25 publicacións científicas.

         Recentemente, a doutora avaliou  o estado da ciencia no  país a través das redes de comunicación, "España estaba a conseguir un avance moi importante en ciencia e investigación, pero nos últimos anos está a perdelo todo", asegura a investigadora. "Temos o potencial necesario para estar entre os países máis importantes en canto a ciencia". Tamén declara que o máis difícil no seu traballo é non saber se haberá un futuro para ela na investigación; pois é una realidade, moitas persoas que dedican a súa vida á ciencia terán que emigrar como moitos antes fixérono.
 
(A imaxe é propiedade da Voz de Galicia).
Patricia e Paula.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario