23/02/2016

''Quíxente tanto, meniña'', Cantares Gallegos (Rosalía de Castro)


  «Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol,
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón».
Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
Dempois queme dixeches,
en proba de teu amor,
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me firéu de dolor!
Mais, a pasar polo río,
¡o caravel afondóu...!
Tan bo camiño ti leves
como o caravel levóu.


Este é un poema pertencente a ‘‘Cantares Gallegos’’, considerada a obra iniciadora do Rexurdimento pleno, que recolle poemas nos que a maioría son unha extensión de cantares tradicionais de Galicia. Mantén o mesmo esquema en todos; a primeira estrofa é o cantar sen modificar, e logo a continuación da poeta.
As temáticas que trata con o costumismo, o amor, o intimismo e o patriotismo. O tema principal deste poema é o amor, aínda que tamén cabe a posibilidade de que posúa un fondo intimista. Rosalía caracterízase por amosar melancolía, tristura, inxustizas e fracaso amoroso neste tipo de poemas.  Aquí trata de afastarse máis do protagonista facendo que a persoa que sofre de amor sexa esta vez un home (a autora situase fóra do contexto pese estar escrito en primeira persoa). Podemos apreciar un matiz feminista, pois o home que é traizoado amósase agresivo e chega a desexar que a moza teña o mesmo desntino tráxico que o caravel. Sen embargo, noutros poemas a muller permañece fiel pese ás infidelidades do home.
O poema comeza cunha descripción idealizada da rapaza por parte do protagonista, comparándoa de forma metafórica con diversos elementos da natureza ligados á beleza:
«que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol,
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios»

Tamén destaca o moito que a valoraba para darlle máis dramatismo á súa traizón. A localización espazo-temporal é de camiño a San Lois, cando o mozo lle declara o seu amor á rapaza. Ésta primeiro dubida:
«mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol»

Despois acepta a súa declaración, e regálalle un caravel en mostra do seu amor. Sen embargo, era un amor falso, pois ela estaba enganando ao rapaz:
«Dempois queme dixeches,
en proba de teu amor,
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me firéu de dolor!»

Ao decatarse de que a súa namorada o traizoara desexando así a sorte que sufriu o caravel que lle regalara a rapaza:
«Mais, a pasar polo río,
¡o caravel afondóu...!
Tan bo camiño ti leves
como o caravel levóu.»





Feito por: Laura P e Diego

Ningún comentario:

Publicar un comentario