18/06/2015

EXCURSIÓNS 2014-15

Por Patricia Rajo, Fernanda Quintás, Ezequiel Devesa, Ismael Bello, Álvaro Castro, Ana Montenegro e Andrea Fernández (3ºA)

 

Ao longo do curso 2014-15 os alumnos do IES Fernando Wirtz de 3º A fixemos diferentes excursións por Galicia. Entre elas destacan dúas:


 O Martes 14 de Abril, cando visitamos Pontevedra. Alí puidemos ver todo o casco histórico da cidade acompañados dunha guía, que nos contou a fascinante historia do que antes era unha aldea e co tempo converteuse nunha cidade. Ademais disto, tamén tivemos a oportunidade de ver o marabilloso Pazo de Lourizán, situado ás aforas da cidade; e os edificios Cinco e Seis do Museo de Pontevedra.

                                                                            
Nós tamén lle demos un toque 'coruñés' a Pontevedra

Tamén destcaraemos a excursión  do Martes 12 de Maio, cando visitamos Rianxo coa nosa profesora de Lingua Galega e Literatura. Ela mostrounos os lugares máis pintorescos da vila costeira, e as casas-museo dos escritores rianxeiros máis importantes para a literatura rexionalista galega. 
Ademais, nesta visita tivemos a oportunidade de coñecer e falar coa autora da obra O alento nas costas, Natalia Carou, que foi moi amable ao contestar a todas as preguntas que tiñamos sobre o libro e ao mostrarnos a aldea ''maldita''  de Abuín, fonte da súa inspiración e lugar onde transcorre a novela.

Natalia foi moi amable e ata animouse a sacar un 'selfie' con Fernanda
Manuel Antonio

















 A todos os alumnos gustáronnos moito as excursións que fixemos, aprendemos moito, pasamos un bo rato e sen dúbida repetiriamos calquera delas.

                                                       
                                    

Ningún comentario:

Publicar un comentario