17/05/2015

Os nosos barrios: Catro Camiños

 Por Guillerme López

Os nosos barrios: Catro Camiños

Toponimia: O nome do barrio de Catro Camiños deriva da antigüidade, cara os anos trinta, cando inmigrantes provintes de Castela e León asentáronse nesta zona da antigua cidade de Oza, dandolle este nome polos catro camiños nos que bifurcábase un pequeno xardín.

Historia: Como acabo de dicir, o barrio de Catro Camiños foi fundado por inmigrantes Castelán-leoneses que desexaban asentarse nunha cidade costeira próspera e con posibilidades de crecer. O barrio prosperou, e máis e máis xente múdabase a Catro Camiños coa esperanza de mellorar a súa calidade de vida.

O Barrio: Catro Camiños conta actualmente con 11000 persoas vivindo nel, moitas zonas de recreación (coma o Bingo enfrente da fonte), hostalaría (O Remanso, o maior bar-restaurante de todo o barrio foi pechado hai pouco e, ata entón, sen dúbida era o máis importante do barrio e da cidade), varias igrexas, destacando a de San Pedro de Mezonzo, biblotecas e institutos coma o noso, o Fernando Wirtz.

Costumes: O costume máis arraigado do barrio é, cando o equipo da cidade, o Deportivo da Coruña, consegue algún título, ou gaña un partido importante, ou ascende de categoría, adóitase celebralo na fonte de Catro Camiños, unha festa que pode alargarse ata altas horas da mañá.


Ningún comentario:

Publicar un comentario