23/03/2015

O Galego nos nosos Barrios

O Galego nos Nosos Barrios

Enquisas:
Libraría Marineda:
Falan galego 5 persoas entre os seus clientes habituais. Un matrimonio, que lle fala aos seus fillos en galego, mais eles responden en castelán; outro matrimonio no que o home fala sempre galego e a súa muller o fala ás veces e un home novo.
A súa solución para que se empregue máis o galego é que non che obriguen a falalo.

Libraría Azeta:
O 20% da súa clientela fala en galego, pero afirma que o 90% da xente sabe falalo.
Parécelle que o galego foi esquecido polo profesorado.
Unha solución para que o galego se fale máis sería que fose lingua obrigatoria nos colexios dende os 3 anos.
Como proposta para que se fale máis en galego, Suso di que os organismos públicos deberían falar en galego, por exemplo, a radio.

Verduras Frescas:
Moi poucas persoas falan galego, pero non porque non o saiban.
Di que o galego é a nosa lingua e, ata agora, falar galego facía pensar que eras da aldea. Por este motivo moita xente non o quería falar.
A súa proposta para que se empregue máis a lingua é que a xente faga o esforzo por falar máis en galego.

Farmacia:
Arredor do 60% da clientela fala galego.
A súa opinión sobre o galego é que é a nosa lingua.
Para un maior emprego da nosa lingua habería que fomentalo dende a educación.
A proposta que nos deu é que se realicen actividades en galego dende as asociacións.

Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros:
Moita xente dos que van pola asociación falan galego, pero algúns dos que o falan non están a favor del. Normalmente, os que falan galego son as persoas máis maiores.
Para el, o galego é o idioma do noso país.
O pequeno comercio debería falar en galego (poñendo carteis e letreiros en galego), o Concello as sinalizacións en galego e a Administración debería transmitir ao pobo que o galego é moi importante.
Falando galego podes comunicarte con uns 80 millóns de persoas.

Charcutería Feli:
Falan galego menos da metade dos clientes.
O galego é necesario.
Os altos cargos deberían de empezar a utilizalo máis.
Fomentar emprego do galego é moi difícil porque é unha cuestión persoal.

Cadena 100:
O 20% dos clientes fala galego, predominando a xente maior. Se lle falan en galego, responde en galego, pero senón non.
Di que o galego é un idioma máis.
O galego tería que ser inculcado ás novas xeracións na escola.
Non sabe como se podería fomentar o emprego do galego.



Sorprendeunos que, nun comercio, tiveran que trasladar a unha empregada porque a xente non aceptaba que falase unicamente en galego.

Topónimo Os Castros

A palabra “Castro” procede do latín castrum (castelo, fortaleza). En Galicia hai moitos lugares que se chaman Castro. O nome alude a poboacións de orixe prerromana. Designa un tipo de asentamento prehistórico do noroeste peninsular, aínda que tamén pode referirse a outra clase de edificación de características semellantes ou mesmo a unha elevación do terreo onde existise un castro. Posiblemente no barrio de Os Castros existisen construcións deste tipo, como o probaría a aparición de machados da Idade de Bronce nas obras do túnel de Os Castros.

Topónimo A Cubela

A palabra “Cubela” é de supoñer que se corresponde co castelán “cubilla”, relacionado coa voz “cuba”, que procede do latín cupa. A raíz en común cun derivado de cuba (como cubeta, por exemplo) ten relación coa forma, co relevo en depresión, en caixa, que evoca a forma do recipiente. A Cubela coruñesa corría en paralelo ao río Monelos. O topónimo responde perfectamente á topografía do lugar: conca, depresión, bacía, terreo que verte as augas cara a un río.


Topónimo A Gaiteira

Segundo algúns, o topónimo Gaiteira garda relación cunha tradición segundo a cal na ponte que cruzaba o río Monelos, había unha guardesa que entretiña á vixilancia tocando a gaita. Esta ponte constituíu durante moito tempo, ata 1912, o límite do termo municipal coruñés, xa que a partir do río comezaba o Concello de Oza. Mesmo no relato da invasión das tropas inglesas en 1589 faise mención a que o capitán Troncoso defendeu “a Ponte do Gaiteiro”. Porén, outros estudosos din que a imaxe dunha muller tocando a gaita é unha fantasía, un caso de etimoloxía popular, e propoñen outras orixes da palabra. Podería ter unha orixe xermana, waltharia (xefatura) ou, posto que tamén houbo en tempos unha caleira, podería vir do mineral chamado gaiter. Habería outra posibilidade. Noutros tempos houbo na zona un xuncal, e mesmo canabeiras na desembocadura do río. Quizais os rapaces facían con elas “gaitas” (pequenas frautas feitas de materia vexetal), e “gaiteira” sería o lugar onde hai canas para facer gaitas.

Topónimo
Procedencia
Os Castros
Construcción celta
Xeneral Sanjurjo
Personaxe célebre. Militar da época franquista.
Alejandro Barreiro Noya
Personaxe célebre. Xornalista e escritor
Ronda de Outerio
Relevo. Na súa orixe, pasaba por un outeiro.
A Cubela
Relevo. A zona está en depresión e parece unha cuba.
Marina Nieto Alvárez
Personaxe célebre.
Joaquín Galiacho
Construcción: Primeira fundición da Coruña.



                                                          Feito por Pablo Molist Frade e Juan Carlos Regueiro García 
                                                                                                     3º ESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario