16/06/2014

San Domingos o "Panteón de Gallegos ilustres"

Tras a morte de Rosalía de Castro (1885) xorde a idea de construir un mausoleo onde os restos da escritora repousen dignamente. Con tal iniciativa constitúese entre os galegos en Cuba una comisión, presidida por Juan Manuel Espada e Enrique Novo, que reúne os fondos para a realización do sepulcro. Paralelamente en Santiago o presidente da Sociedade Económica de Amigos del País, Joaquín Díaz de Rábago, promove outra recadación para complementar a obra e establecer no templo de San Domingos o Panteón de Gallegos ilustres.

En 1891 levántase o sepulcro na parede esquerda da capela, feito en mármore e de “estilo Renacemento”. O 25 de Maio dese ano son depositados os restos da escritora no panteón, onde posteriormente serán enterrados Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao e Domingo Fontán.

Bonaval simboliza o mais representativo da cultura e historia de Galicia. Esta capela, orixinanalmente do século XIV, exerceu como sala capitular e probablemente foi sede da Confraría do Rosario. En 1852 aparece con nome da capela do Cabido, no testamento de Isabel de Cisneros, e pouco mais tarde é denominada como capela da Visitación.

A actual capela de San Domingos é una obra barroca do século XVII, de planta cadrada e cunha cúpula, e foi totalmente reformada no século XVIII. A capela do Santo Cristo é unha das máis antigas da igrexa posto que ocupa un dos lados do cruceiro orixinal, do século XIII. Nela atópase o sepulcro de Castelao.
Sepulcro de Rosalía de Castro

Sepulcro de Alfonso R. Castelao

sepulcro de Alfredo Brañas

sepulcro de Ramón Cabanillas

 
 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario